Xunta de Galicia

Lorenzana agradece a aposta de Boeing polo sector aeroespacial galego

Lorenzana agradece a aposta de Boeing polo sector aeroespacial galego

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

Pon en valor o traballo desenvolvido pola multinacional estadounidense como socio tecnolóxico da Xunta no polo aeroespacial de Galicia

Trasladar todo o apoio da Administración autonómica para seguir mantendo aberta esta liña de colaboración

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantivo un encontro estes días con representantes de Boeing, a quen lle recoñeceu o traballo desenvolvido como socio tecnolóxico da Xunta no polo aeroespacial de Galicia.Na reunión, Lorenzana puxo en valor que a multinacional estadounidense leva colaborando con esta iniciativa desde os seus inicios, exercendo como empresa tractora de toda a cadea de valor do sector en Galicia a través dos proxectos que desenvolve nas instalacións do aeródromo de Rozas (Castro de Rei, Lugo), xunto con pemes e centros tecnolóxicos galegos.En concreto, destacou a súa especialización na xestión do tráfico de vehículos aéreos non tripulados e as posibles continxencias que poidan xurdir en voo, a través de proxectos como o Skyway. De feito, o seu traballo foi fundamental para que hoxe, o Centro de Investigación Aerportada de Rozas (CIAR), dispoña dun simulador de continxencias e do equipamento máis avanzado en Europa para realizar ensaios.A conselleira agradeceu a aposta que leva facendo Boeing polo sector aeroespacial de Galicia e considerou que a súa implicación contribúe a fixar coñecemento tecnolóxico e a consolidar industria. Nese sentido, na reunión quixo trasladar todo o apoio da Xunta para seguir mantendo aberta esta liña de colaboración.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

Último boletín

01:00H | 8 sep 2024 | BOLETÍN