Xunta de Galicia

Lorenzana avanza que os borradores dos futuros plans directores da automoción e do sector naval estarán listos a comezos da segunda quincena de xullo

Lorenzana avanza que os borradores dos futuros plans directores da automoción e do sector naval estarán listos a comezos da segunda quincena de xullo

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

4 min lectura

A conselleira de Economía e Industria asegurou que o documento final se presentará no ultimo trimestre do ano para a súa aprobación definitiva

O encontro desta tarde enmárcase no diálogo constante e permanente que a Xunta vén mantendo con todos os axentes da industria da automoción e do naval en Galicia para a elaboración dos borradores

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, reuniuse hoxe coa Mesa do Diálogo Social para avanzar no futuro Plan director do sector da automoción e do sector naval. Unha cita na que estiveron presentes representantes dos sindicatos UGT e CCOO e tamén da Confederación de Empresarios de Galicia e na que a responsable da política industrial do Goberno galego avanzou que o borrador dos dous plans estará a disposición de todas as organizacións empresariais e sindicais a comezos da segunda quincena de xullo.Xa con máis detalle Lorenzana apuntou que Galicia contará na semana do 15 de xullo cos planes director do sector da automoción e do naval “tal e como se tiña comprometido este goberno para os primeiros cen días de mandato”. Será nesa data cando se remita o texto do borrador ás organizacións empresariais, clústeres, á Confederación de Empresarios de Galicia e aos tres sindicatos máis representativos “para que fagan durante o verán as aportacións que consideren pertinentes”, explicou, así como tamén ás consellerías que realizaron achegas ao documento. O documento será aprobado de xeito definitivo no último trimestre do ano.Lorenzana puxo en valor o traballo conxunto realizado por todos os axentes implicados tanto en aspectos fundamentalmente centrados nas necesidades que teñen os dous sectores de investimento e competitividade, como en cuestións singulares de cada un deles. No caso da automoción ligados á necesidade de adaptarse á electrificación e no do naval o de continuar traballando na diversificación.A conselleira de Economía e Industria tamén apuntou outro aspecto relevante para a industria galega e, por extensión para estes dous sectores declarados estratéxicos polo Goberno da Xunta como é a necesidade de formación das persoas. “O talento ? salientou ? é unha cuestión que se está a traballar coa Consellería de Emprego. Trátase de coñecer de primeira man cales son as titulacións, formación e cualificacións que precisan ambos sectores de cara os próximos anos e poder adaptar toda a oferta formativa, tanto a universitaria como a da formación profesional e a formación para o emprego ás necesidades que van tendo as nosas empresas”.O encontro desta tarde enmárcase no diálogo constante e permanente que a Xunta de Galicia vén mantendo con todos os axentes da industria da automoción e do naval en Galicia co obxectivo de elaborar os seus Plans directores non só coa participación dos departamentos da Administración galega, senón tamén do sector privado, dos representantes das persoas traballadoras e do resto de entes, organismos e institucións públicas e privadas relacionadas coa súa actividade.A elaboración dos plans director, xunto co Plan autonómico de impulso e aceleración de proxectos industrias, son instrumentos da planificación da política industrial da Xunta enmarcados nunha nova estratexia que ten como obxectivo facilitar o proceso de adaptación e transformación enerxética e dixital da industria galega.Cómpre lembrar que o Goberno galego declaraba o pasado mes de febreiro un total de seis sectores industriais como estratéxicos co obxectivo de poder iniciar a elaboración dos seus respectivos plans directores. Ademais dos sectores da automoción e do naval, están incluídas a industria metalmecánica, o sector forestal–madeira, a industria das TIC así como a loxística industrial.Deste xeito, a Xunta pretende desenvolver estes novidosos instrumentos incluídos na lei de medidas fiscais e administrativas e que teñen como obxectivo potenciar o desenvolvemento da actividade industrial no sector concreto de que se trate. Para logralo, definiranse as medidas, mecanismos e medios necesarios para fortalecer o sector, mellorar a competitividade, fomentar a súa internacionalización e sustentabilidade, impulsar a innovación industrial, incrementar o emprego industrial e estimular a captación de investimento.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

LO MÁS ESCUCHADO

Último boletín

17:00H | 15 NOV 2024 | BOLETÍN