Xunta de Galicia

Lorenzana destaca o crecente posicionamento das empresas galegas no mercado alemán, con 350 xa implantadas no país

Lorenzana destaca o crecente posicionamento das empresas galegas no mercado alemán, con 350 xa implantadas no país

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

Son firmas de sectores tan diversos como o téxtil, o agroalimentario, o sector da maquinaria, as TIC, o farmacéutico, os servizos bancarios ou de consultaría

Apunta que desde o ano 2019 as exportacións galegas a Alemaña creceron case un 25% e rexistraron o pasado ano os 1.815M?, mentres que as importacións acadaron un volume de 797M?

Precisa que as empresas galegas que exportan regularmente a aquel país creceu no mesmo período un 15%, ata acadar a día de hoxe as 479, das que 316 o fan xa regularmente

Manifesta a intención do Goberno galego de continuar abrindo mercado ao tecido empresarial a través de programas como o Plan Foexga e da convocatoria de misións comerciais

A embaixadora amosa o seu interese pola política de incentivos da Xunta de Galicia para captar investimento foráneo, entre os que figuran a Oficina Económica de Galicia, o plan de aceleración de proxectos industriais e a Lei de Recursos Naturais

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, destacou hoxe o crecente posicionamento das empresas galegas no mercado alemán, que se reflicte tanto no incremento das exportacións a aquel país como no nivel de implantación.Nun encontro coa embaixadora de Alemaña en España, Maria Margarete Gosse, con quen abordou as relacións comerciais que mantén Galicia co país xermano e a política industrial da Xunta, Lorenzana salientou que se trata do cuarto mercado receptor das exportacións galegas.Así, apuntou que desde o ano 2019 as exportacións desde Galicia a Alemaña creceron case un 25% e rexistraron o pasado ano os 1.815M?, mentres que as importacións acadaron un volume de 797M?. A mesma tendencia que se rexistrou canto ao número de empresas galegas que exportan regularmente a aquel país, que creceu no mesmo período un 15%, ata acadar a día de hoxe as 479, das que 316 o fan xa regularmente.Neste momento, ademais, son aproximadamente 350 empresas galegas as que están implantadas no país, de sectores tan diversos como o téxtil, o agroalimentario, o sector da maquinaria, as TIC, o farmacéutico ou os servizos bancarios ou de consultaría. O téxtil, a automoción, o metalmecánico, o agroalimentario, os produtos minerais e as industrias químicas –cun incremento do 85% desde o ano 2029–, son, de feito, os principais sectores exportadores a Alemaña. Na xuntanza, Lorenzana manifestou a intención do Goberno galego de seguir consolidando esta tendencia e continuar abrindo mercado ás empresas galegas no país, a través de programas como o Plan Foexga e da convocatoria de misións comerciais por parte do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), en colaboración coas Cámaras de Comercio.Igualmente, a embaixadora de Alemaña en España, Maria Margarete Gosse, amosou o seu interese pola política de incentivos da Xunta de Galicia para captar investimento foráneo, entre os que figuran o servizos de asesoramento da Oficina Económica de Galicia, o plan de aceleración de proxectos industriais e a Lei de Recursos Naturais xunto coa sociedade público–privada RDG (Recursos de Galicia).

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

Último boletín

3:00H | 09 NOV 2024 | BOLETÍN