Xunta de Galicia
Medio Rural incrementa en case 4 M? as axudas para a creación de superficies forestais e promove así unha maior plantación de frondosas e coníferas
Publicado el - Actualizado
2 min lectura
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde pola que se amplía a dotación orzamentaria destas subvencións, que pasa a ser de máis de cinco millóns de euros
Estas achegas contribúen á valorización dos terreos forestais e, polo tanto, á redución do risco de incendios
No referente ás coníferas que se promoven atópanse o piñeiro do país e o silvestre, mentres que nas frondosas destacan o castiñeiro, o carballo, o ameneiro ou a sobreira
A Consellería do Medio Rural publica hoxe no
(DOG) a
pola que se modifica a dotación orzamentaria das axudas para a creación de superficies forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014–2020. Con esta ampliación de crédito increméntase en 3,7 M? o importe inicial, pasando a dispoñer de máis de 5 M? para esta finalidade. Esta modificación orzamentaria permite incrementar a superficie de plantación en preto de 2.000 hectáreas, o que supón un total próximo ás 3.000 hectáreas de monte galego.Nesta liña, cómpre recordar que a finalidade destas achegas é fomentar a primeira sementeira de terras non agrícolas unicamente con coníferas e frondosas, favorecendo o aumento da diversidade e da superficie forestal arborada, ao tempo que se reduce o risco de incendios mediante a valorización dos terreos forestais. No referente ás coníferas que se promoven atópanse o piñeiro do país e o silvestre, mentres que nas frondosas destacan o castiñeiro, o carballo, o ameneiro ou a sobreira, entre outros.Así, con estes fondos subvenciónanse os gastos de plantación forestal e a posta en marcha da área de defensa contra incendios forestais, é dicir, a zona limpa de biomasa que protexe estes novos plantíos de posibles lumes. Inclúense tamén como subvencionables os gastos necesarios para o tratamento da vexetación preexistente, a preparación previa do terreo e a adquisición de planta. Nas liñas de fomento incluídas nesta orde de plantación estanse a seguir obxectivos propostos no Plan Forestal de Galicia 2021–2040, relativos aos servizos ecosistémicos, á conservación da biodiversidade das masas e xestión forestal sustentable, así como á mobilización e incremento da produtividade dos recursos forestais galegos.Enlace á orde no DOG:
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando