Xunta de Galicia

Medio Rural xestionou xa a biomasa no 95% de parcelas de parroquias priorizadas por risco de lume

Medio Rural xestionou xa a biomasa no 95% de parcelas de parroquias priorizadas por risco de lume

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

Esta actuación enmárcase no convenio de defensa das aldeas, subscrito entre a Consellería do Medio Rural, Seaga e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), que conta con 287 concellos adheridos, case o 92% do territorio galego

Neste 2024 xa se conta con 27.026 parcelas contratadas polos seus propietarios para a xestión da biomasa nelas por parte de Seaga, 22.000 máis que no ano 2019

No pasado 2023 enviáronse máis de 165.000 notificacións a propietarios de parcelas para instalos a levar a cabo tarefas de limpeza

A Consellería do Medio Rural, a través da empresa pública Seaga, xestionou a biomasa de case o 95% das parcelas contratadas nas faixas secundarias, aquelas situadas preto de vivendas, no marco do Convenio de defensa das aldeas. Estes labores realízanse nas parroquias priorizadas, é dicir, en zonas de risco de lume. Isto supón, ao mesmo tempo, que se actuou en algo máis do 93,5% da superficie contratada.O Convenio de defensa das aldeas, subscrito entre a Consellería do Medio Rural, Seaga e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), conta con 287 concellos adheridos, o que supón o case o 92% do territorio galego. Dentro deste convenio hai recoñecidas 157 parroquias priorizadas pertencentes a 81 concellos, nas que os propietarios poden contratar os servizos de Seaga, entidade adscrita á Consellería do Medio Rural, para levar a cabo as tarefa de limpeza cunha tarifa de 350 euros por hectárea.No que vai de ano, Seaga conta con 27.026 parcelas contratadas para a xestión da biomasa nelas, 22.000 máis que no ano 2019. Ademais, tanto o número de parcelas en parroquias priorizadas como a súa superficie incrementouse nos últimos cinco anos, pasando de 75.301 fincas e 4.426,1 hectáreas afectadas por faixa no 2019 a 182.772 parcelas e 10.286,75 hectáreas neste mesmo 2024.Ademais desta tarefa, Seaga tamén ten a encomenda de revisar o cumprimento das obrigas de xestión de biomasa das parcelas incluídas nas faixas secundarias, sexan en parroquias priorizadas ou non. Sobre esta cuestión, os últimos datos de inspeccións correspóndense co ano 2023, no que se inspeccionaron case 560.000 parcelas, cunha superficie de algo máis de 45.000 hectáreas.Seaga colabora tamén cos concellos na elaboración de notificacións aos propietarios das parcelas e, no caso de ser preciso, da publicación relativa á obriga de xestión da biomasa para, se procede, iniciar a execución subsidiaria das tarefas de limpeza. No pasado 2023 enviáronse máis de 165.000 notificacións a propietarios de parcelas localizadas tanto en parroquias priorizadas, como naquelas que non son prioritarias.A maiores, o convenio tamén inclúe a posibilidade de que os concellos adheridos a este Convenio de defensa das aldeas poidan solicitar a Seaga as execucións subsidiarias nas faixas secundarias de xestión de biomasa, ata un máximo de 10 hectáreas por concello por ano, así como actuacións nas vías de titularidade municipal, neste caso cun máximo de 10 quilómetros por localidade e ano con cargo ao convenio.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

Último boletín

17:00H | 25 NOV 2024 | BOLETÍN