Xunta de Galicia

Merelles reivindica o Festival de la Luz como iniciativa que contribúe a dinamizar turísticamente o rural galego

Merelles reivindica o Festival de la Luz como iniciativa que contribúe a dinamizar turísticamente o rural galego

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

4 min lectura

O director de Turismo de Galicia participou este mediodía na presentación da nova edición deste certame, en Boimorto (A Coruña), que dará comezo mañá venres

No acto interveu tamén Luz Casal, impulsora do festival, ademais de representantes doutros organismos e entidades patrocinadoras

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou este mediodía en Boimorto na presentación da nova edición do Festival de la Luz, que comezará mañá neste municipio do interior da Coruña. Impulsado por Luz Casal en 2012, o certame foise convertendo ao longo dos anos nunha plataforma que promove actuacións musicais de artistas consagrados e emerxentes, cunha forte pegada solidaria e benéfica xa que destina fondos para favorecer a acción de diferentes ONG. Durante a presentación, Merelles apuntou a que a Xunta apoia este festival no marco da súa estratexia por dinamizar o segmento do turismo rural galego, que medrou nun 6% o número de viaxeiros durante a primeira metade do ano.Na presentación do festival aos medios de comunicación, interveu a propia Luz Casal, xunto a representantes doutros organismos e entidades patrocinadoras, entre eles a alcaldesa de Boimorto, María Jesús Novo. En concreto, o apoio que Turismo de Galicia ofrece a iniciativa “casa moi ben coa aposta que vimos realizando desde o Goberno galego por desconcentrar os fluxos turísticos e favorecer que se visiten tamén os municipios do interior galego”. “Porque todos e cada un deles teñen moito que ensinar aos visitantes”, sinalou o director.Ademais, o certame respáldase dentro das políticas de apoio a grandes eventos musicais que promove o Goberno galego ao consideralos elementos clave para impulsar as economías locais, contribuíndo ao obxectivo da desestacionalización e, tamén, ao da desconcentración dos fluxos turísticos, posto que se apoian diferentes certames, ciclos musicais e concertos ao longo de todo o ano programados en moi diversos puntos da xeografía galega.Merelles aludiu tamén ao compromiso do Executivo autonómico coa promoción do turismo rural “a través de campañas e iniciativas propias e outras desenvolvidas en colaboración con diferentes entidades ao longo de todo o ano”. Entre elas, referiuse ao Outono Gastronómico ou ao convenio asinado coa Federación Galega de Turismo Rural (Fegatur) como algunhas das máis salientables.En Boimorto, Xosé Merelles puxo en valor que Galicia é un destino que ofrece un amplo abano de “propostas e alternativas turísticas para todo tipo de visitantes”. Ao respecto, considerou o Festival de la Luz como “unha das máis diferenciais, e por iso desde a Xunta de Galicia a apoiamos”.O director de Turismo de Galicia agradeceu especialmente a Luz Casal a súa presenza na presentación e amosou o seu convencemento de que un certame destas características ten garantido o seu futuro. “Non só actúa como escaparate para Boimorto, en particular, senón para todo o rural galego, en xeral”, concluíu Merelles.O Festival de la Luz atrae cada ano miles de persoas ata Boimorto grazas ao amplo abano de actividades que promove. Nesta edición contará con catro escenarios e acollerá máis dunha vintena de opcións de restauración e artesanía local, así como diferentes actividades de promoción de prácticas sostibles e unha zona infantil.A nova edición do Festival de la Luz dará comezo mañá e estenderase ata o domingo 25, en Orros, lugar de orixe da súa artífice, a vocalista Luz Casal. Ao longo das súas 12 convocatorias anteriores, este festival recadou máis dun millón de euros que ten destinado a diferentes asociacións desde as que centran a súa actividade na loita contra o cancro ou na concienciación sobre Alzheimer ata bancos de alimentos ou organizacións que axudan a pacientes diagnosticados con enfermidades raras e os seus familiares.Na edición deste ano, participarán máis de 40 músicos e artistas, entre eles a propia Luz Casal, que actuará o sábado 24.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

12:00H | 25 NOV 2025 | BOLETÍN