Xunta de Galicia
A Oficina móbil de retorno da Xunta leva visitado 76 concellos co foco posto no asesoramento aos galegos do exterior que volven ao noso rural
Publicado el - Actualizado
2 min lectura
Este servizo itinerante –que complementa as oficinas permanentes de Santiago, A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo– ofrece un amplo abano de servizos deseñados para atender as demandas e necesidades específicas das persoas retornadas
O Goberno galego reafirma así o seu compromiso con facilitar o retorno e a integración dos galegos e as súas familias, fortalecendo os vínculos coa comunidade galega en todo o mundo
Todo no marco da Estratexia Galicia Retorna 2023–2026, que dispón dun orzamento de máis de 450 millóns de euros co obxectivo de facilitar o regreso á nosa terra
A Oficina móbil de retorno está a cumprir o seu obxectivo de achegar un servizo de información e asesoramento especializado ás persoas emigrantes retornadas a Galicia e ás súas familias. Despois de percorrer 76 concellos das catro provincias en menos dun ano e de asesorar a centos de familias, esta iniciativa pioneira consolídase como un recurso clave para facilitar o proceso de reintegración dos galegos que deciden volver ao seu lugar de orixe.Este servizo itinerante –que complementa as oficinas permanentes situadas en Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo– ofrece un amplo abano de servizos deseñados para atender as demandas e necesidades específicas das persoas retornadas. Entre eles, o asesoramento personalizado para un retorno exitoso, información sobre programas de retorno para facilitar a adaptación a Galicia, xestión de trámites necesarios para o retorno, orientación laboral e profesional e soporte en materia de vivenda e educación.Esta iniciativa, cofinanciada co Fondo Social Europeo, continuará avanzando nas próximas semanas co gallo de garantir un retorno digno e frutífero para a comunidade emigrante galega. Enmárcase na Estratexia Galicia Retorna 2023–2026, que dispón dun orzamento de máis de 450 millóns de euros co obxectivo de facilitar o regreso de milleiros de galegos e das súas familias.A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración –a través da Secretaría Xeral da Emigración– reafirma con esta oficina o seu compromiso co retorno e coa integración dos galegos e das súas familias, fortalecendo os vínculos coa comunidade galega no mundo. A Oficina móbil de retorno demostra ser unha ferramenta esencial nesta tarefa, achegando os servizos directamente ás persoas interesadas, especialmente a aquelas que se atopan lonxe das sedes fixas.
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando