Preocupación na Xunta polas cotas de pesca da UE para 2024
Sobe a cota de pescada, pero baixan o abadexo, o peixe sapo ou o xurelo
Galicia - Publicado el - Actualizado
1 min lectura
O conselleiro de Mar cre que as negociacións para as cotas de pesca de 2024 en Bruxelas son "decepcionantes". Certo que a pescada do sur medra ata as 11.000 toneladas o ano vindeiro pero Alfonso Villares recorda que esa cantidade era xa a que propoñía a comisión no documento inicial.
Villares lamenta que noutras especies a rebaixa vai poñer á flota en situacións complicadas. É o caso, por exemplo, do abadexo.
"Unha pescaderia moi importante para a nosa flota, sobre todo nestes meses. Casi non se empezou a pescar aínda...", lamenta.
Preocupación pola mortandade dos bivalvos
Na Xunta teñen lista a documentación para solicitarlle ao goberno a declaración de zona catastrófica para as rías galegas afectadas pola alta mortalidade da ameixa e do berberecho. "Eso abre as portas a percibir axudas".
O conselleiro apunta tamén á necesidade de adaptar o sector á nova realidade do cambio climático. "Novas especies máis resistentes ás riadas e tamén traballos de arado dos arenáis".