Xunta de Galicia

Preto de medio centenar de rapaces participan en Valdoviño nas actividades lúdicas do programa da Xunta 'Veráns Lecer Consumo'

Preto de medio centenar de rapaces participan en Valdoviño nas actividades lúdicas do programa da Xunta ‘Veráns Lecer Consumo’

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

A delegada territorial en Ferrol, Martina Aneiros, acompañada do alcalde de Valdoviño, Alberto González, visitou esta mañá aos participantes nunha das actividades que se levaron a cabo no local da AVV de Pantín coa fin de concienciar aos máis pequenos sobre o consumo responsable

O programa que recalou onte en Pontedeume, desenvolverase tamén en Narón e San Sadurniño os días 9 e 15 de xullo

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, acompañada do alcalde de Valdoviño, Alberto González, visitou esta mañá no local social da AVV de Pantín aos participantes na actividade

, no marco da campaña autonómica Veráns Lecer Consumo coa que o Goberno galego pretende concienciar ás rapazas e rapaces de entre 3 e 18 anos da importancia de levar a cabo un consumo responsable e sustentable.Veráns Lecer Consumo é un programa da Dirección xeral de Comercio e Consumo de carácter gratuíto que está a disposición de todos os concellos de Galicia co obxectivo de ocupar o tempo libre do verán dos menores dun xeito lúdico e instrutivo. Inclúe a programación de máis de 200 actividades a longo do mes de xullo e ata o 2 de agosto.“A través de campañas divulgativas e formativas coma esta, a Xunta de Galicia pretende reducir os riscos de vulnerabilidade das persoa consumidoras e camiñar cara a consecución duns consumidores comprometidos coa contorna, coñecedores dos seus dereitos e que conten coas ferramentas necesarias para defendelos”, apuntou Aneiros.Así a iniciativa está composta por diferentes actividades relacionadas cos dereitos das persoas consumidoras e usuarias, o consumo intelixente, a publicidade ou o uso das novas tecnoloxías. Cada unha delas ten una duración dunha hora e está adaptada ás idades dos rapaces participantes.Na actividade

, tomaron parte hoxe en Valdoviño unha vintena de nenas e nenos de entre 3 e 6 anos que gozaron da narración dun conto baseado no consumo responsable e na idea de que non son precisos moitos xoguetes para aproveitar o tempo libre. Ao termo da mesma tiveron que crear o seu propio xoguete relacionado co relato.Ao termo desta sesión, levouse a cabo a

, orientada nesta ocasión a menores de entre 7 e 12 anos na que participaron outros 24 alumnos da localidade.Estas non son as únicas propostas da campaña Veráns Lecer Consumo que desembarcarán este mes nos municipios de Ferrolterra. Onte o programa recalou en Pontedeume e os próximos días 9 e 15 de xullo farano nos de Narón e San Sadurniño, respectivamente. Estas datas poderían verse ampliadas nos próximos días.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

Último boletín

18:00H | 15 NOV 2024 | BOLETÍN