LETRAS GALEGAS

¿Quen é Luísa Villalta?

A Real Academia Galega (RAG) acorda dedicarlle o Día das Letras Galegas 2024 a Luísa Villalta (A Coruña, 1957-2004), no vixésimo aniversario do seu pasamento

¿Quen é Luísa Villalta?

Redacción COPE Santiago

Santiago - Publicado el - Actualizado

3 min lectura

Nacida o 15 de xullo de 1957 en A Coruña, Luísa Villalta deixou unha pegada importante na literatura galega desde a publicación da súa obra teatral 'Concerto para un home só', ata o seu poemario 'En concreto', que foi premiado pouco antes do seu pasamento, no ano 2004.

Villalta estudou no desaparecido colexio das Xosefinas e no instituto Eusebio da Guarda de A Coruña. Foi titulada superior en violín e formou parte da Orquesta de Santiago de Compostela e da Joven Orquesta de Galicia. Con todo, decidíu dedicarse á docencia, licenciándose na Universidade de Santiago de Compostela na subsección Galego-Portugués e, posteriormente, en Hispánicas.

A escritora exerceu a profesión de profesora de Lingua e Literatura Galegas en diferentes institutos de Oleiros, Ferrol e Sada, pero non deixou apartada a súa vocación e andaina literaria. No 1991 publicou a primeira obra de poesía: 'Música reservada'.

Uns anos despois, en 1995 chega 'Ruído', que a confirma como autora de referencia das letras en galego naquel momento. Tamén saíu á luz 'Rota ao interior do ollo', e, posteriormente, uníuse ‘Papagaio’, unha colección de poemas que levaba o nome do que foi tradicionalmente o barrio coruñés dedicado á prostitución e que foi fotografiado por Maribel Longueira. Nestas páxinas as imaxes de Longueira que dan conta do proceso de demolición das antigas edificacións dialogan cos versos de Villalta, tecidos para lles devolver a dignidade ás mulleres que as habitaron e denunciar a especulación urbanística á que foi sometida este espazo urbano.

A CIDADE ALTA

A Coruña foi o seu lugar de nacemento e estivo moi presente no seu traballo. A esta cidade chamáballe 'Cidade Alta'. Coa súa obra 'En concreto', gañou o XII Premio de Poesía Espiral Maior. Villalta tiña planeado presentar en agosto esta obra na Feira do Libro, pero en marzo faleceu de xeito repentino a causa dunha meninxite, cando tiña 46 anos de idade.

Pero, máis alá da poesía, Luísa Villalta tamén foi dramaturga, con obras como 'O representante' ou 'Os doces anos da guerra' e traducións de Pier Paolo Pasolini ou Maquiavelo.

Como ensaísta, cómpre destacar “O don Hamlet de Cunqueiro: unha ecuación teatral e “O outro lado da música, a poesía: relación entre ambas partes na historia da literatura galega, editado en 1999.

AS RAZÓNS DA RAG

A Real Academia Galega escolleu a Villalta a protagonista do día das letras o último xoves de xuño. A candidatura estivo impulsada por Ana Romaní, Chus Pato, Manuel González, Manuel Rivas, Margarita Ledo, Xesús Ferro Ruibal, Marilar Aleixandre, Fina Casalderrey, María López Sández e María Dolores Sánchez Palomino.

A RAG explica os motivos: “Luísa Villalta é unha intelectual. A lóxica, a razón, o pensamento configuran o humus no que enraíza un dos trazos máis significativos da súa voz. Unha poeta do pensamento, en palabras de Pilar Pallarés [poeta da mesma xeración], que empregaba a poesía para pensar o mundo contemporáneo, como ten subliñado Arturo Casas”, expón a proposta sometida a votación este mediodía. “Os acentos da súa voz, os focos da súa obra, o alento da súa escrita fan dela unha autora que sorprende na singularidade e pon de relevo, unha vez máis e fóra de estereotipos, a amplitude do campo literario que se estende en trazos de autoras únicas”, prosegue o texto.

¿CANDO SE CELEBRA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS?

O Día das Letras Galegas conmemórase cada 17 de maio.

Non se trata dunha xornada casual: coincide coa primeira publicación da obra rosaliana Cantares Gallegos, o 17 de maio de 1863. Cen anos despois oficializouse a xornada e a primeira homenaxeada non podería ser outra máis que Rosalía de Castro.

É a Real Academia Galega a que decide a quen homenaxea Galicia ano tras ano. Debe cumplir dous requisitos: destacar pola súa creación literaria no idioma de Galicia e ter falecido.

O 17 de maio lembramos xa obras e figuras de autores como Castelao, Eduardo Pondal, Francisco Añón ou Curros Enríquez.

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

18:00H | 21 NOV 2024 | BOLETÍN