Xunta de Galicia

Román Rodríguez celebra a ABAU común como un éxito de Galicia logo de seis anos de reivindicacións

Román Rodríguez celebra a ABAU común como un éxito de Galicia logo de seis anos de reivindicacións

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

O conselleiro de Universidades defende realizar esta proba seguindo uns mesmos criterios para “garantir a igualdade de oportunidades de todo o alumnado”

Galicia manterá a súa autonomía e competencias, “pero cunha mellor coordinación, quedando blindadas as súas singularidades e respectando a normativa”

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, defendeu hoxe no Parlamento de Galicia a importancia dunha ABAU común para todo o territorio español co obxectivo de garantir a igualdade de oportunidades entre todos os mozos e mozas. A medida porase en marcha a partir do vindeiro curso grazas ao traballo iniciado hai anos polo Goberno galego. Como lembrou, o acordo acadado agora entre 12 comunidades autónomas comezou en Galicia en 2018, “con moito traballo e numerosas iniciativas desde entón”. O titular de Universidades da Xunta lembrou que é unha cuestión de “coherencia e responsabilidade, ao funcionar España como distrito universitario único”. “A nosa Comunidade foi unha das grandes promotoras deste acordo que levamos anos reclamando ao Goberno central”, engadiu Román Rodríguez, quen criticou a “absoluta parálise do Estado” e a súa “aposta por un modelo que só afonda nas desigualdades”.Grazas a esta iniciativa, o 70% do alumnado español poderá realizar a ABAU a partir do vindeiro curso cuns criterios comúns. Galicia liderou o “debate a nivel nacional e logrou sacar adiante dita iniciativa”, remarcou o representante da Xunta.No que respecta á forma, as persoas que se vaian a examinar terán o mesmo calendario, criterios de corrección e de puntuación, así como o mesmo número de opcións para escoller e número de preguntas nas materias comúns. No que ten que ver co contido das probas, desenvolveranse matrices de especificacións, é dicir, vincularanse os currículos e as competencias específicas cos criterios de avaliación e os saberes básicos. Neste contexto, Román Rodríguez lembrou que Galicia manterá a súa autonomía e competencias, “pero cunha mellor coordinación, quedando blindadas as singularidades de Galicia e respectando a normativa vixente”, concluíu o conselleiro.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

18:00H | 14 NOV 2024 | BOLETÍN