Xunta de Galicia
Román Rodríguez felicita aos tres másteres que acadan o selo de excelencia e que posicionan á Universidade como "referente en España"
Publicado el - Actualizado
3 min lectura
Os recoñecementos desta cuarta edición son os másteres en Enxeñería Química e Bioprocesos pola USC; Química Orgánica pola USC, UAM e UCM, e Ciencias, Tecnoloxías e Xestión Ambiental pola UDC
Son xa unha ducia as titulacións con este recoñecemento que lograron acreditar, nos últimos anos, a súa calidade a nivel científico, técnico e formativo
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, enxalzou o modelo da universidade galega como “referente en España” durante o acto de recoñecemento aos másteres universitarios que acadan a Mención á Excelencia, “unha iniciativa pioneira que potencia a calidade das nosas universidades”. No acto tamén estivo presente o reitor da USC, Antonio López, e o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez.O representante da Xunta participou nesta cita na que se recoñeceu o traballo de tres titulacións de máster: Enxeñería Química e Bioprocesos (Campus Santiago) da Universidade de Santiago de Compostela (USC); en Química Orgánica (Campus Santiago) da USC, a Universidade Autónoma de Madrid (UAM) e a Universidade Complutense de Madrid (UCM), e en Ciencias, Tecnoloxías e Xestión Ambiental (Campus Coruña) da Universidade da Coruña (UDC). Uns títulos que acadaron unha gran puntuación, “o que demostra o gran nivel que atesouran as nosas universidades independentemente da disciplina”, incidiu Román Rodríguez, quen aproveitou para trasladar os seus parabéns ás universidades e aos coordinadores dos másteres.Con estas novas incorporacións, xa son 12 as titulacións que contan con esta mención que reflicte a súa calidade e nivel de solvencia científica, técnica e formativa tras a súa primeira edición no curso 2019/20.Os primeiros que obtiveron o recoñecemento foron os másteres en Enxeñería Informática e en Bioloxía Molecular, Celular e Xenética, ambos da UDC, así como o de Enxeñería Ambiental da USC. Tamén recibiron esta mención Bioinformática para Ciencias da Saúde (UDC), Biotecnoloxía Avanzada (conxunto entre UVigo e UDC) e Tradución para a Comunicación Internacional (UVigo), Matemática Industrial (impartido entre USC, UDC e UVigo), Computación de Altas Prestacións (entre A Coruña e Santiago) e Produción Xornalística e Audiovisual (da UDC).Con este selo de excelencia “favorécese a competitividade destas titulacións, acreditando o seu elevado nivel académico e a solvencia científico técnica dos estudos”, sinalou o conselleiro de Universidades. “A través desta convocatoria anual queremos seguir amosando o noso compromiso coa excelencia na comunidade universitaria galega e coa mellora na formación especializada”, engadiu.
Máis alá da Mención á Excelencia a titulacións universitarias oficiais de máster, Xunta e Sistema Universitario de Galicia (SUG) traballan en conxunto para fomentar a excelencia, a calidade e a adaptación da oferta formativa ás demandas da sociedade. A través do Mapa de Titulacións 2021–2026 estrearanse o curso que vén cinco másteres novos e estase traballando para poñer en marcha outros dous máis.Así mesmo, as universidades galegas teñen un plan de financiamento plurianual estable, mobilizando case 3.200M? para o período 2021–2026, trabállase para acadar o 1% do PIB de investimento de recursos públicos en dous anos, así como a implantación desde xa da gratuidade da 1ª matrícula para todas as titulacións.Ademais, Galicia está sendo pioneira no deseño dun modelo de graos e másteres duais no que o alumnado combinará formación nas aulas, cun vínculo regrado e remunerado nunha empresa. “Uns datos importantes para seguir construíndo unha Universidade de primeiro nivel, con campus de alta especialización, proxectada ao escenario global, con suficiencia de financiamento e capaz de xerar resultados progresivos”, concluíu Román Rodríguez.
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando