Xunta de Galicia

Román Rodríguez salienta a boa saúde do sector do libro, cun incremento do 8,2% da edición en galego

Román Rodríguez salienta a boa saúde do sector do libro, cun incremento do 8,2% da edición en galego

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

Os datos de Comercio interior do libro que veñen de ser publicados indican tamén un aumento de vendas, sobre todo do libro en papel, próximo ao 6%

O conselleiro reitera o apoio da Xunta ás Feiras do Libro e agradece o labor da Federación de Librarías na súa organización por toda Galicia

Destaca o compromiso do Goberno galego co sector, a través dun Plan de impulso á lectura dotado con 3M? e de iniciativas como a ‘A furgoteca’

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, inaugurou hoxe a 52ª Feira do Libro da Coruña, onde salientou a boa saúde do sector do libro galego. Neste sentido, explicou que, segundo os datos de Comercio Interior do libro en España en 2022 que veñen de ser publicados, a edición en galego o pasado ano foi de 1.855 volumes, cun aumento do 8,2% respecto de 2021. “Ademais, o sector editorial vendeu un 5,6% máis, ata superar os 2.500M? de vendas, e destaca sobre todo o aumento nas vendas de libros en papel, cun 5,9% máis”, puntualizou.O titular do departamento educativo, que estivo acompañado polo director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, enmarcou estas cifras nunha xeira de bos datos que inclúe tamén o último Barómetro da Cultura Galega, “co 52,5% do sector incrementando os seus ingresos en 2022, cun emprego estable para preto do 70% das entidades consultadas e cunha expectativa de maior facturación pese ao pesimismo da evolución da economía”, sinalou.“A cultura galega vive un momento de estabilidade e crecemento”, dixo o conselleiro. “Estamos no momento da Historia no que máis libros se publican e máis libros se consumen e Galicia é, ademais, a comunidade con máis librarías por habitante, cun hábito lector que medrou máis do 6,5% nos últimos 10 anos”, engadiu.Neste contexto, Román Rodríguez fixo fincapé no papel das Feiras do Libro para achegar a lectura á cidadanía, así como os autores aos lectores. Agradeceu tamén o traballo da Federación de Librarías de Galicia na organización deste circuíto anual por toda a xeografía galega, “que conta e vai seguir contando co apoio da Xunta, no marco do compromiso do Goberno galego co sector do libro como un dos piares da nosa cultura”, incidiu.“Se ir máis lonxe, este ano aprobamos en Consello da Xunta un Plan de impulso ao libro galego, dotado con 3M?, unha folla de ruta para reforzar o sector literario na nosa Comunidade con medidas como o apoio á creación, o impulso á edición e a distribución, a proxección exterior, a difusión e o apoio ás bibliotecas públicas”, explicou o conselleiro.Así mesmo, puxo en valor iniciativas como a A furgoteca, o novo servizo de bibliotecas móbiles da Xunta de Galicia para achegar libros, películas, música ou xogos físicos e dixitais así como publicacións periódicas como revistas e xornais a 20 concellos rurais das provincias de Lugo e Ourense.Todas estas medidas enmárcanse no Plan Xeración Cultura, a través do que o Goberno galego reforza a creación e expansión do sector cultural galego e suma esforzos para a xeración de riqueza e de emprego estable e de calidade.Desde hoxe ata o 10 de agosto os Xardíns de Méndez Núñez acollen a trintena de expositores que conforman a 52ª Feira do Libro da Coruña, un escaparate de excepción para os máis de 130 autores, tradutores e ilustradores que ofrecerán sinaturas nos vindeiros días na que é a maior destas citas en Galicia.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

12:00H | 22 NOV 2024 | BOLETÍN