Xunta de Galicia

Román Rodríguez salienta a contribución do centro mixto de investigación de Cetaqua e Viaqua á economía circular e á sustentabilidade

Román Rodríguez salienta a contribución do centro mixto de investigación de Cetaqua e Viaqua á economía circular e á sustentabilidade

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

O conselleiro visita a EDAR de Ourense para coñecer os proxectos de I+D+i que están a desenvolver a empresa e o centro de apoio á innovación tecnolóxica

A Xunta apoia este proxecto enfocado á reintrodución de residuos na cadea produtiva contribuíndo así á economía circular

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, acompañado pola directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, visitou esta mañá na EDAR de Ourense a ecofactoría xestionada por Viaqua na que a empresa e o centro de apoio á innovación tecnolóxica Cetaqua están a probar os proxectos de I+D+i que están a desenvolver conxuntamente no ámbito da sustentabilidade e a eficiencia do ciclo da auga.En concreto, coñeceron os avances do Centro Mixto de Investigación CIGAT Circular, posto en marcha por Viaqua e Cetaqua co apoio da Xunta de Galicia no ano 2022, como evolución de dúas unidades mixtas de investigación anteriores, co obxectivo de reintroducir residuos de orixe industrial, urbano, agrícola e rural na cadea produtiva, incluíndo o tratamento de microplásticos, o uso de hidróxeno verde e biometano para enerxía, a produción de biocompostos e innovación dixital.O conselleiro de Ciencia salientou a contribución deste centro mixto á economía circular e á sustentabilidade, en liña coas prioridades de Europa e da política de I+D+i da Xunta de Galicia. Así mesmo, Rodríguez subliñou o carácter estratéxico desta alianza entre un organismo de investigación e unha empresa co obxectivo de desenvolver conxuntamente actividades de I+D+i en ámbitos prioritarios para Galicia, como é o medioambiental, impulsando así a transferencia dos resultados da investigación ao tecido produtivo e a atracción de empresas cara a nosa Comunidade. Por último, destacou o papel impulsor de talento do centro, no que traballan actualmente 12 profesionais altamente cualificados.Os centros mixtos de investigación son a terceira fase do programa de apoio ás unidades mixtas de investigación, un instrumento singular posto en marcha pola Xunta de Galicia no ano 2014 co obxectivo de crear emprego cualificado, impulsar a transferencia de I+D+i ao tecido industrial galego, a atracción de empresas foráneas e a mellora da súa competitividade e o desenvolvemento das capacidades dos organismos de investigación galegos.Viaqua e Cetaqua teñen participado neste programa desde 2015 a través da creación, e posterior consolidación, dunha unidade mixta de investigación e, a partir do 2022, coa creación do centro mixto de investigación CIGAT Circular. En total, nas tres fases realizaron un investimento total de 7,7M?, dos que a Xunta de Galicia achegou 2,7M?. Desde a súa posta en marcha, a Xunta apoiou 55 unidades mixtas coa participación de 39 empresas e 14 centros de coñecemento, mobilizando preto de 155M?.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

Último boletín

18:00H | 13 NOV 2024 | BOLETÍN