Xunta de Galicia

Rueda destaca o compromiso da Xunta cun sistema xudicial forte, moderno e independente

Rueda destaca o compromiso da Xunta cun sistema xudicial forte, moderno e independente

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

Salienta que o Goberno autonómico traballa desde hai anos na modernización da xustiza con mellora de infraestruturas, avances na dixitalización e medidas de ciberseguridade

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe o compromiso da Xunta cun sistema xudicial forte, moderno e independente coma parte esencial da sociedade e un dos piares dos Estados democráticos.Durante a inauguración da XXVI edición da Escola de Verán do Poder Xudicial, que se celebra no Pazo de Mariñán, fixo fincapé na importancia de que este eido se adapte aos novos tempos con melloras nas infraestruturas xudiciais e a formación continua dos profesionais.Nesta liña, lembrou que a Xunta traballa desde hai anos na modernización da xustiza a través da mellora de infraestruturas –coma por exemplo, a Cidade da Xustiza de Vigo–; coa progresiva dixitalización do sector a través do Plan Senda 2025, dotado de 43 millóns de euros; ampliando o número de servizos aos que os cidadáns poden acceder de forma telemática e incidindo en medidas de ciberseguridade.Durante a súa intervención, acompañado do conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, o presidente fixo fincapé na formación continua que levan a cabo os profesionais da xudicatura a través de cursos e xornadas coma a Escola de Verán. Rueda salientou que, desde 1997, Galicia convértese cada mes de xullo nun referente do ámbito da xudicatura coa celebración deste foro de diálogo, debate e formación no que se analizan os retos do presente e futuro do sector.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados