Xunta de Galicia

Rueda destaca a relevancia do sector téxtil no tecido produtivo galego e compromete o apoio da Xunta para seguir impulsándoo

Rueda destaca a relevancia do sector téxtil no tecido produtivo galego e compromete o apoio da Xunta para seguir impulsándoo

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

Asegura que se trata dunha industria “fundamental” que fai “marca país” e que permite levar o nome de Galicia por todo o mundo

O Goberno galego está poñendo en marcha programas específicos para axudar ás empresas a afrontar novos retos como a dixitalización, innovación ou internacionalización

O téxtil lidera as exportacións na comunidade galega e representa o 37% do total do sector en toda España

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo hoxe en valor o peso do sector téxtil no tecido económico e produtivo galego e comprometeu o apoio da Administración autonómica para seguir impulsándoo e consolidando o seu liderado. “É un sector fundamental que fai marca país”, indicou para asegurar que hai tempo que “a moda galega” serviu para poñer á comunidade “no mapa”. Así o sinalou hoxe durante a clausura da asemblea xeral da Confederación de Industrias Téxtiles de Galicia (Cointega), na que resultou elixida a súa nova xunta directiva.O titular do Executivo galego destacou que a moda é un elemento que “sempre vai estar presente” na vida dos cidadáns e resaltou o compromiso da Xunta en apoiar a toda a cadea de valor do téxtil galego nos retos que ten por diante. Nesta liña, falou de “formación, contar con profesionais cualificados, a internacionalización” ou adaptar as estruturas de distribución as necesidades “tanto das grandes cadeas coma do pequeno comercio”.Para apoiar ás empresas do sector, e a todo o tecido produtivo galego, o Goberno autonómico está poñendo en marcha un amplo abano de medidas para facilitar o investimento, como a redución da burocracia, os plans de aceleración ou a Oficina Económica de Galicia; ademais de programas específicos para axudalas a afrontar novos retos como a dixitalización, a innovación, a internacionalización e a sustentabilidade.Este eido, segundo os datos de 2023, foi o principal sector exportador en Galicia, por diante de automoción e alimentación; e representou o 37% das exportacións téxtiles de todo o país.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

18:00H | 14 NOV 2024 | BOLETÍN