Xunta de Galicia

Rueda salienta o papel da cultura á hora de conservar e difundir a identidade e tradicións dun territorio

Rueda salienta o papel da cultura á hora de conservar e difundir a identidade e tradicións dun territorio

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

Asegura que a través dos contos e fábulas é posible coñecer os cambios na realidade social dunha terra ao longo do tempo

O Goberno autonómico ultima a Lei de cultura inclusiva e accesible para garantir o acceso a este tipo de actividades de toda a cidadanía

O programa ‘CulturON’ achega este verán máis de 30 actividades culturais diarias a 200 concellos da comunidade

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, salientou hoxe a importancia do sector cultural para a conservación da identidade dun territorio, xa que permite transmitir de xeración en xeración as tradicións e a historia.Así o fixo esta tarde no Museo de Pontevedra, onde o titular do Goberno galego, acompañado do conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, asistiu á inauguración da exposición A Era das Fábulas. A arte e o poder rexenerador da fantasía, unha mostra de pezas artísticas dos séculos XX e XXI vencelladas ao mundo dos contos e as fábulas que poderá visitarse ata o vindeiro 29 de setembro. Durante a súa intervención, Rueda salientou que a través deste mostra –organizada pola Deputación e o Museo de Pontevedra en colaboración coa Fundación María José Jove e o Musseo Thyssen–Bonermisza Art Contemporary e centrada no mundo da ficción–, os visitantes poderán coñecer mellor a realidade social da Galicia durante diferentes épocas da historia recente. A Xunta leva anos apostando por promover o sector cultural galego e facelo accesible para toda a cidadanía, en liña cos obxectivos da futura Lei de cultura inclusiva e accesible que o Goberno autonómico agarda ter en vigor antes de que remate o ano para garantir o acceso á cultura a toda a cidadanía. Ademais, de xeito paralelo, a Administración galega ten en marcha este verán o programa CulturON con máis de 30 actividades culturais diarias como música, teatro, circo ou promoción da literatura en 200 concellos.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

05:00h | 28 nov 2024 | boletín