Xunta de Galicia

Rueda salienta o papel do sector vitivinícola á hora de dinamizar a economía galega e atraer turistas á comunidade

Rueda salienta o papel do sector vitivinícola á hora de dinamizar a economía galega e atraer turistas á comunidade

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

A comunidade conta con máis de 10.000 viticultores e produtores, 500 adegas e 14 indicativos de calidade

A Xunta busca consolidar Galicia coma referente internacional neste eido cunha Estratexia de dinamización das comarcas vitivinícolas e axudas ao sector para a reconversión de viñedos, a promoción ou a comercialización dos produtos

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou esta tarde que o sector vitivinícola é un dos piares da economía galega ao dinamizar e xerar emprego de calidade no rural, exercer como embaixador do selo Galicia calidade e atraer turismo á comunidade durante todo o ano.Durante a entrega dos premios da XXXVI Cata de Viños de Galicia, a XXVI Cata de augardentes e a XII de Licores tradicionais que se celebrou en Santiago, Rueda fixo fincapé na calidade e excelencia dos viños e bebidas espirituosas que se producen na comunidade e que contribúen ao pulo que está a vivir o turismo enogastronómico en Galicia.Acompañado pola conselleira do Medio Rural, María José Gómez, o presidente agradeceu o traballo e compromiso diario dos máis de 10.000 viticultores e produtores e as 500 adegas e 16 destiladores que hai en Galicia que permiten que a comunidade conte con 14 indicativos de calidade entre denominacións de orixe ou indicacións xeográficas protexidas.A Xunta traballa desde hai anos para consolidar Galicia coma un referente internacional do sector vitivinícola. Por iso, ten en marcha a Estratexia de Dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas e destinou máis de 10 millóns este ano en axudas específicas para a reconversión dos viñedos; a promoción dos viños no estranxeiro ou para a elaboración e comercialización deste produtos.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados