Xunta de Galicia

Os servizos tecnolóxicos da sanidade pública galega, recoñecidos co máximo nivel de protección por parte do esquema nacional de seguridade

Os servizos tecnolóxicos da sanidade pública galega, recoñecidos co máximo nivel de protección por parte do esquema nacional de seguridade

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

O sistema sanitario público galego convértese no primeiro de España en certificar este nivel de garantía e seguridade en todos os seus servizos, unidades e centros de saúde

A Xunta acredita a ciberseguridade no que atinxe aos datos da historia clínica, a xestión dos recursos humanos e oposicións, a información da tarxeta sanitaria e servizos á cidadanía, como a cita previa ou a prescrición farmacéutica

Así mesmo, o certificado recoñece o máximo nivel de seguridade nos procedementos que se realicen a través de aplicacións como Sergas Móbil, E–Saúde ou a plataforma de teleasistencia TELEA

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, recibiu esta mañá de mans do director de AENOR, José Rodríguez Coello, o certificado que acredita ao conxunto de servizos tecnolóxicos da Sanidade pública galega co máis alto nivel de protección, de acordo co Esquema Nacional de Seguridade.Acompañado pola secretaria xeral técnica, Natalia Lobato, e polo subdirector xeral de Sistemas y Tecnoloxías de la Información, Benigno Rosón, Caamaño destacou a importancia que posúe salvagardar a información e os datos dos pacientes galegos, apuntando que a totalidade das súas unidades do Sergas e conxunto dos centros de saúde xa acadan o nivel máximo posible nesta garantía.Deste xeito, a Sanidade pública galega convértese na primeira de España en certificar este nivel de protección en todos os seus servizos tecnolóxicos.Entre os servizos aos que dá cobertura esta certificación atópanse os datos vencellados á historia clínica dos pacientes e a actividade asistencial do Servizo Galego de Saúde; a xestión integral dos recursos humanos –incluídas as oposicións e outros procesos de concorrencia competitiva–; a administración económica e orzamentaria; a información de saúde pública e inspección sanitaria; os datos de tarxeta sanitaria; a xestión da investigación en saúde; a formación e a súa acreditación; a xestión multicanle das relacións coa cidadanía; e os servizos de xestión da plataforma hardware, software e rede de telecomunicacións.O sistema da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde certificado polo Esquema Nacional de Seguridade inclúe tamén os servizos a través de internet ofrecidos á cidadanía. En concreto, no que atinxe as aplicacións Sergas Móbil (coa que, por exemplo, é posible solicitar citas a través de internet), a aplicación É–Saúde (ferramenta de acceso á documentación clínica persoal) ou a Plataforma TELEA (que facilita o teleseguimento de pacientes por parte dos profesionais sanitarios).Acadar o máximo nivel de certificación do Esquema Nacional de Seguridade é unha das premisas que a Xunta incluíu na Estratexia de ciberseguridade do Sistema Público de Saúde de Galicia 2023–2026.Así, contar coa protección de categoría alta implica, entre outras cousas, que o Servizo Galego de Saúde está capacitado para restaurar os niveis mínimos do servizo, ante unha incidencia, no prazo máximo de 4 horas.Desta xeito a Sanidade pública galega protéxese ante ciberataques que experimentaron un notable incremento, tanto en volume e frecuencia, como en sofisticación.Coa aposta pola Ciberseguridade, o Executivo galego proporciona con garantías unha mellor prestación dos servizos sanitarios á cidadanía mediante sistemas e tecnoloxías da información, ademais incrementar os niveis de eficiencia dentro da propia organización sanitaria.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

11:00H | 15 NOV 2024 | BOLETÍN