Xunta de Galicia

Un total de 147 ciclos e másteres de FP de 31 centros impartiranse nunha lingua estranxeira o próximo curso

Un total de 147 ciclos e másteres de FP de 31 centros impartiranse nunha lingua estranxeira o próximo curso

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

5 min lectura

A Xunta autoriza a incorporación de 75 ciclos e cinco másteres plurilingües novos, que se engaden aos 67 que comezaron o ano pasado e que continuarán o próximo en 2º curso

Desenvolverán unha parte do seu currículo en inglés, francés, alemán, italiano ou portugués

Con carácter xeral, os ciclos na modalidade de FP Dual incorporarán módulos de lingua estranxeira profesional

Un total de 147 ciclos e másteres de Formación Profesional de 31 centros desenvolverán parte do seu currículo nunha lingua estranxeira no vindeiro curso 2024–25. A Xunta publica no

a resolución definitiva pola que se autoriza a incorporación dun total de 75 ciclos formativos e cinco másteres plurilingües novos que comezan a partir de setembro, e que se engaden aos 67 que xa comezaron o ano pasado e que continúan no 2º curso.En 66 deles a formación realizarase a través de módulos en inglés, algúns deles combinados con outros idiomas como francés, italiano ou alemán, e en sete a formación será en portugués.Deste xeito, este ano haberá en Galicia un total de 31 centros con esta oferta a razón de 13 na provincia da Coruña, tres en Lugo, catro en Ourense, e 11 en Pontevedra. Aos centros autorizados no curso pasado para impartir ciclos plurilingües incorpóranse o Centro Integrado de FP CIFP Imaxe e Son (A Coruña), o Colexio CPR Plurilingüe San Fermín (Caldas de Reis), o Instituto IES A Guía (Vigo), o Colexio CPR Daniel Castelao (Vigo) e o Instituto IES Luís Seoane (Pontevedra). Estas ensinanzas correspóndense con 80 titulacións diferentes de FP que impartirán parte do seu currículo nunha lingua estranxeira neste curso 2024/25. Ademais con carácter xeral, os ciclos na modalidade de FP Dual incorporarán módulos de Lingua estranxeira profesional.Os ciclos formativos e másteres de FP plurilingües teñen como finalidade a mellora das competencias lingüísticas do alumnado de FP co obxectivo de mellorar a súa inserción laboral e a competitividade dos sectores produtivos. Neste sentido, o desenvolvemento de habilidades de comunicación oral e escrita en linguas estranxeiras facilitará o desempeño laboral dos titulados no espazo europeo, na liña de internacionalización da FP que está a impulsar a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional a través de iniciativas como o programa Erasmus+.Ademais, dado que o coñecemento de linguas estranxeiras constitúe un requisito fundamental das empresas á hora de seleccionar o mellor talento, e atendendo así a demanda desta habilidade por parte das empresas colaboradoras, na modalidade de FP Dual Intensiva un total de 233 ciclos terán módulos de Lingua estranxeira profesional o vindeiro curso.Os novos proxectos formativos plurilingües autorizados para o curso 2024–25 son os reflectidos na seguinte táboa:Provincia ConcelloCentroCiclo / MásterIdioma incorporadoA CoruñaA CoruñaCPR Afundación A CoruñaAsistencia á direcciónInglésA CoruñaCulleredoCIFP Universidade LaboralAcceso e conservación en instalacións deportivasInglés Modelaxe da información da construción (BIM)Inglés Fabricación intelixenteInglés Enerxías renovablesInglés Automatización e robótica industrialInglés (1º) Alemán (2º) Prevención de riscos profesionaisPortugués (1º) Inglés (2º) Mecatrónica industrialInglésA CoruñaSantiago de CompostelaIES Plurilingüe Rosalía de CastroGuía, información e asistencia turísticasInglés (1º) Francés (2º)A CoruñaSantiago de CompostelaCIFP Politécnico de SantiagoLaboratorio de análise e de control de calidadeInglésA CoruñaSantiago de CompostelaCIFP CompostelaPreimpresión dixitalInglés Xestión de aloxamentos turísticosInglés Dirección de cociñaInglés Dirección de servizos de restauraciónInglésA CoruñaFerrolCIFP LeixaDeseño e edición de publicacións impresas e multimediaInglés Animación sociocultural e turísticaInglésA CoruñaSantiago de CompostelaIES San ClementeSistemas microinformáticos e redesPortugués Administración de sistemas informáticos en redePortugués Desenvolvemento de aplicacións multiplataformaInglés Desenvolvemento de aplicacións webInglésA CoruñaCoristancoEFAG FonteboaGuía no medio natural e de tempo libreInglés Gandaría e asistencia en sanidade animalInglés Transporte e loxísticaInglésA CoruñaA CoruñaCIFP Ánxel Casal – Monte AltoAudioloxía protésicaInglésA CoruñaA CoruñaCIFP SomesoProgramación da produción en fabricación mecánicaInglésA CoruñaPontedeumeCIFP Fraga do EumeDirección de servizos de restauraciónPortuguésA CoruñaSantiago de CompostelaIES A PontepedriñaComercio internacionalInglésA CoruñaA CoruñaCIFP Imaxe e SonAnimacións 3D, xogos e contornos interactivosInglésLugoLugoCIFP Politécnico de LugoEnsinanza e animación sociodeportivaInglésLugoLugoCIFP As MercedesMantemento aeromecánico de avións con motor de turbinaInglés AutomociónInglés Eficiencia enerxética e enerxía solar térmicaInglés Mantemento de instalacións térmicas e de fluídosInglés Xestión de vendas e espazos comerciaisInglés Márketing e publicidadeInglésLugoMonforte de LemosIES A PinguelaDesenvolvemento de aplicacións webInglésOurenseOurenseCIFP A Carballeira–Marcos ValcárcelQuímica e saúde ambientalInglés Laboratorio clínico e biomédicoInglés Hixiene bucodentalInglés Administración de sistemas informáticos en redePortugués Desenvolvemento de aplicacións multiplataformaInglés Desenvolvemento de aplicacións webInglés Cultivos celularesInglésOurenseOurenseCIFP A FarixaGuía, información e asistencia turísticasInglés Produción de audiovisuais e espectáculosItaliano (1º) Inglés (2º)OurenseVilamarínCIFP de VilamarínServizos en restauraciónInglés Dirección de cociñaInglés Dirección de servizos de restauraciónInglésOurenseOurenseCIFP PortovelloAsistencia á direcciónInglés Xestión de vendas e espazos comerciaisInglés Animación sociocultural e turísticaInglés Atención a persoas en situación de dependenciaPortuguésPontevedraCaldas de ReisCPR Plurilingüe San FermínActividades comerciaisInglésPontevedraA EstradaIES Plurilingüe Antón Losada DiéguezAdministración e finanzasInglésPontevedraVigoCPR Plurilingüe San Miguel 2Informática e comunicaciónsInglés Informática de oficinaInglésPontevedraVigoIES A GuíaComercio internacionalInglés Márketing e publicidadeInglésPontevedraVigoCPR Daniel CastelaoElectricidade e electrónicaInglés Servizos administrativosInglés Instalacións eléctricas e automáticasInglés Xestión administrativaInglés Sistemas microinformáticos e redesInglés Administración e finanzasInglés Administración de sistemas informáticos en redeInglés Desenvolvemento de aplicacións multiplataformaInglésPontevedraVigoCIFP Manuel AntonioQuímica industrialInglés Anatomía patolóxica e citodiagnósticoInglésPontevedraVilagarcía de ArousaCIFP FontecarmoaTransporte e loxísticaInglés Comercio internacionalInglésPontevedraVigoCIFP Valentín Paz AndradeDeseño e amoblamentoPortugués Fabricación aditivaInglésPontevedraO PorriñoIES Ribeira do LouroAdministración e finanzasInglés Comercio internacionalInglésPontevedraPontevedraIES Luís SeoaneComercio internacionalInglésPontevedraPontevedraCIFP Carlos OrozaPanadaría e bolaría artesanaisInglés Cociña e restauraciónInglés Xestión de aloxamentos turísticosInglés Guía, información e asistencia turísticasInglés Panadaría, repostaría e confeitaríaInglés

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

18:00H | 07 NOV 2024 | BOLETÍN