Xunta de Galicia

Villares defende que o sector marítimo pesqueiro de Galicia non se entendería sen a xente do mar

Villares defende que o sector marítimo pesqueiro de Galicia non se entendería sen a xente do mar

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, participou este sábado na presentación do libro Barcos y Gentes del Mar de A Mariña, xunto ao autor da publicación, José Pino González, e aos dous historiadores, investigadores e divulgadores sobre temas náuticos das vilas mariñeiras, Juan Antonio Zayo “Coyote” e Luis Javier Escudero. Precisamente, no transcurso da súa intervención, o responsable autonómico manifestou claramente que o sector marítimo–pesqueiro de Galicia non se entendería hoxe sen todas as persoas que viven e se dedican a el.Segundo Villares, son profesionais que fan un traballo impagable e que, no caso concreto da Mariña, converteron a esta comarca nunha indiscutible referencia pesqueira galega. E é que os datos así o corroboran. Os dous portos –Burela e Celeiro– son, en conxunto, o segundo dos país por facturación. En 2023, venderon máis de 16.000 toneladas de pescada; o que supuxo un volume de negocio de máis de 78 millóns de euros. Asemade, exportaron case 26.000 toneladas dese produto por valor de máis de 100 millóns.Pino González é patrón vocacional e armador do arrastreiro Pino Ladra, con base en Celeiro, e afeccionado á arqueoloxía dos barcos. De feito comezou a faenar no verán con pouco máis de trece anos. É mariño mercante de formación e andivo sempre en barcos conxeladores e no pincho ao Gran Sol. Por iso, para o titular de Mar, esta obra debe ser posta en valor, pois contribúe a dar voz a todo un sector que debe ser apoiado dende as administracións para asegurar as súa continuidade e viabilidade dende o punto de vista da remuda xeracional e no que predominen decisións que garantan o seu equilibrio e sustentabilidade.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

Último boletín

18:00H | 13 NOV 2024 | BOLETÍN