Xunta de Galicia

A xira de Carlos Núñez chega mañá a Vilanova de Arousa co apoio da Xunta como parte da oferta turística deste verán en lugares emblemáticos

A xira de Carlos Núñez chega mañá a Vilanova de Arousa co apoio da Xunta como parte da oferta turística deste verán en lugares emblemáticos

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

Turismo de Galicia está a impulsar concertos da xira ‘Lugares Máxicos’ como o que se celebrou estes días no Parador de Baiona e no Mosteiro de Oseira en Cea

Mañá será no Pazo de Baión, o sábado no Castelo de Salvaterra de Miño e o domingo na Fundación Manolo Paz de Cambados e en agosto haberá en Sober, Padrón e Noia

A xira

de Carlos Núñez está percorrendo este verán distintos lugares emblemáticos de Galicia co apoio da Xunta de Galicia para poñer en valor o patrimonio musical e arquitectónico galego ao tempo que está a encher a oferta turística do verán con propostas para todos os públicos.No seu obxectivo de apoiar as propostas que enriquezan e dean calidade á oferta turística galega, Turismo de Galicia impulsa varios dos concertos da xira. Mañá, 26 de xullo, celebrarase o do pazo de Baión, en Vilanova de Arousa. Será ás 20,00 horas e as entradas están dispoñibles en Ataquilla.Esta fin de semana tamén se celebrarán o día 27 de xullo no Castelo de Salvaterra de Miño e o domingo 28 na Fundación Manolo Paz de Cambados. Turismo de Galicia apoia tamén os concertos que celebrará Carlos Núñez no mes de agosto nos xardíns do Palacio de Sober, o día 18 de agosto, o 22 de agosto nos xardíns da Fundación Camilo José Cela e o 30 de agosto na Igrexa de San Martiño de Noia. A eles súmanse os xa celebrados no Parador de Baiona e no Mosteiro de Oseira en Cea.

é unha xira que leva case unha década percorrendo distintos emprazamentos de Galicia e fóra dela. Son concertos nos que participan o músico Carlos Núñez e a súa banda ademais de convidar a novos talentos musicais de cada zona. Este ano presenta o seu novo disco, Celtic Sea, froito da colaboración con Brittany Ferries para celebrar o 50 aniversario da compañía marítima que une os portos atlánticos europeos e na que viaxan 3 millóns de persoas cada ano.A Xunta de Galicia continúa así impulsando e apoiando iniciativas que sexan quen de encher a oferta turística do verán con propostas que poñan en valor o destino en distintos lugares de Galicia. Ademais, Turismo de Galicia continúa así apostando polos espectáculos e concertos para reforzar a imaxe turística de Galicia a través da música.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

Último boletín

05:00H | 08 NOV 2024 | BOLETÍN