Xunta de Galicia

A Xunta abre o prazo das axudas de 150.000? para proxectos que divulguen a cultura xacobea

A Xunta abre o prazo das axudas de 150.000€ para proxectos que divulguen a cultura xacobea

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

Turismo de Galicia vén de abrir o prazo das axudas destinadas a Asociacións Amigas do Camiño que teñen ata o vindeiro 16 de setembro para presentar as súas iniciativas

Turismo de Galicia, a través da S.A do Plan do Xacobeo, vén de abrir a convocatoria da nova edición da liña de axudas dirixida ás Asociacións Amigas do Camiño de Santiago para contribuír á dinamización, desde a sociedade civil, da cultura xacobea e todo o que esta implica tanto en España como a nivel internacional. A Xunta de Galicia destina a subvencionar este tipo de proxectos un total de 150.000 euros.A través destas axudas, o Goberno galego busca fomentar as sinerxías entre as diferentes asociacións do Camiño de cara a divulgar a cultura xacobea ao tempo que favorece a recuperación, mantemento e difusión do Camiño de Santiago. Poden solicitar estas achegas todas aquelas asociacións de amigos do Camiño de Santiago e outras entidades que teñan como finalidade a promoción das rutas xacobeas e a súa peregrinación e que recollan nos seus estatutos o desenvolvemento de accións relacionadas co Camiño.Como se indica no

, cada entidade só poderá presentar un proxecto ao abeiro desta convocatoria e estes deberán estar argumentados e xustificados para a súa formulación e achegar razóns da súa necesidade social ou insuficiencia de cobertura. Ademais, deberán ser viables economicamente e socialmente e terán que contar con capacidade técnica e organizativa para a súa realización. O importe máximo de axuda por proxecto é de 10.000 euros. As entidades deberán presentar as solicitudes por medios electrónicos a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia e teñen de prazo ata o 16 de setembro.Excepcionalmente, no caso de entidades estranxeiras que non dispoñan de mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, poderán presentar as solicitudes presencialmente.Turismo de Galicia vén convocando estas axudas desde 2017 no seu compromiso por promover a divulgación da cultura xacobea e fomentar o pensamento e investigación. Enmárcase, ademais, nos compromisos do Plan Director dos Camiños de Santiago 2027 para seguir afondando na colaboración coas asociacións amigas do Camiño de Santiago.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

Último boletín

17:00H | 25 NOV 2024 | BOLETÍN