Xunta de Galicia

A Xunta adxudica por preto de 18 M? o mantemento do equipamento de alta tecnoloxía da marca Varian, da que se benefician 9.000 pacientes oncolóxicos ao ano

A Xunta adxudica por preto de 18 M€ o mantemento do equipamento de alta tecnoloxía da marca Varian, da que se benefician 9.000 pacientes oncolóxicos ao ano

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

A adxudicación do contrato, publicada no Portal de Contratos de Galicia, prevé unha duración de 5 anos

O contrato cubrirá o mantemento de 17 aceleradores de radioterapia e equipamentos de braquiterapia

O Servizo Galego de Saúde realiza cada ano arredor de 150.000 sesións con estes aparellos que empregan técnicas menos invasivas, menos dolorosas e máis seguras para os pacientes

A Xunta publica hoxe no

a resolución da contratación do servizo de mantemento integral e evolutivo de equipamentos de alta tecnoloxía da marca Varian, instalados nos centros do Servizo Galego de Saúde, por un valor de 17.973.346 euros.O contrato foi adxudicado á empresa Varian e terá unha duración de cinco anos. Deste xeito, a empresa será a encargada de levar a cabo os labores de mantemento dun equipamento que resulta esencial para maximizar a súa vida útil, evitar a súa obsolescencia e garantir a seguridade de pacientes e profesionais.Actualmente, o Servizo Galego de Saúde posúe 17 aceleradores de radioterapia e equipamentos de braquiterapia da marca Varian, dos cales se benefician anualmente preto de 9.000 pacientes oncolóxicos á hora de realizar diagnósticos e tratamentos con técnicas menos invasivas, aportándolles unha maior seguridade e reducindo as posibles molestias ocasionadas.Nos últimos cinco anos, con estes aparellos realizouse unha media anual de arredor de 150.000 sesións de radioterapia e braquiterapia. Ademais, dous aparellos instalados xa no Novo Montecelo terán un mantemento preventivo ata o momento en que comecen a súa actividade asistencial.A compra destes 17 aceleradores de radioterapia da marca Varian contou cun investimento de 9.895.380 euros. Deles, seis foron financiados pola Unión Europea a través do plan INVEAT de investimentos en equipamentos de alta tecnoloxía sanitaria, do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.En total, a Xunta destinou máis de 67 millóns de euros á renovación do equipamento hospitalario con 76 novas unidades de diferentes marcas. Ademais, o Goberno galego decidiu complementar os fondos europeos con outros do seu propio orzamento para adquirir equipamentos de gamas superiores aos financiados, como foi o caso dos contratos de TC (para incorporar os de tecnoloxía espectral) ou das resonancias magnéticas.A alta tecnoloxía médica é considerada unha das variables clave que inflúen de forma decisiva na calidade do proceso asistencial. Mediante esta adxudicación, o Servizo Galego de Saúde procura o mellor estado de operatividade dos equipamentos, minimizando os períodos de parada ante posibles eventualidades para garantir a continuidade asistencial dos pacientes.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

Último boletín

17:00H | 6 NOV 2024 | BOLETÍN