Xunta de Galicia

A Xunta afianza a seguridade xurídica para fomentar o uso da intelixencia artificial na administración

A Xunta afianza a seguridade xurídica para fomentar o uso da intelixencia artificial na administración

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

O director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Julián Cerviño, participou hoxe na Toxa no encontro “Transformación dixital e IA”

Destacou a importancia de que Galicia sexa a primeira rexión europea en dispoñer dunha lei para o desenvolvemento e impulso da IA

Enmarcou a aposta de Galicia pola IA no avance cara a unha soberanía tecnolóxica para facer fronte aos retos de sustentabilidade financeira e á adaptación ás necesidades da rexión

A Lei para o Desenvolvemento e Impulso da Intelixencia Artificial de Galicia, que se atopa en fase de consulta previa ao trámite parlamentario, avanzará na dotación de seguridade xurídica para favorecer a implantación de sistemas intelixentes que melloren a eficacia dos servizos da Administración, segundo destacou hoxe o director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Julián Cerviño.Cerviño participou nunha mesa redonda sobre “

” no marco do Encontro da Toxa Transformación dixital e IA. O director da Axencia anunciou durante a súa intervención a posta en marcha de proxectos piloto de IA xenerativa en ámbitos como a Asesoría Xurídica, Intervención ou Facenda pública. Estes casos de uso van dende sistemas de busca e clasificación de documentos ata asistentes de conversación.Para o director da Axencia autonómica, ademais da seguridade xurídica, o principal reto é gañar en eficacia e eficiencia, ademais de proporcionar unha atención personalizada, regular a planificación e gobernanza da IA a través da lei, e avanzar cara á soberanía tecnolóxica. Neste sentido, destacou a importancia da sustentabilidade financeira dos sistemas que se poñan en marcha, así como a súa adaptación ás necesidades específicas da Administración galega.Na súa intervención, Julián Cerviño tamén destacou a importancia das medidas de impulso no uso da IA recollidas na lei que se está a tramitar, como os incentivos económicos ou fiscais para empresas e profesionais. O obxectivo é atraer investimentos e promover a creación e retención de talento a través da FP e da Universidade. Por último, referiuse tamén á importancia de manter os esforzos para a capacitación actualizada da cidadanía.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

Último boletín

05:00h | 28 nov 2024 | boletín