Xunta de Galicia

A Xunta aposta por impulsar o comercio local co diálogo e coordinación cos axentes do territorio

A Xunta aposta por impulsar o comercio local co diálogo e coordinación cos axentes do territorio

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañado pola delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou os mercados ferroláns da Magdalena, Recimil e Caranza

Sinalou que a estratexia do comercio na que traballa o Goberno galego ten entre os seus fins dinamizar os negocios de proximidade a través da escoita activa e participativa de toda a cadea de valor

Gabriel Alén e Martina Aneiros tamén se reuniron con representantes da Asociación de Comerciantes de Ferrol Centro cos que intercambiaron impresións sobre a actividade e proxectos desta entidade

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañado pola delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, realizou unha visita polos mercados ferroláns da Magdalena, Recimil e Caranza, onde destacou a aposta do Goberno galego por impulsar o comercio de proximidade xunto cos axentes do territorio. Nesta liña, sinalou que a estratexia do comercio na que traballa a Xunta ten entre os seus fins dinamizar o comercio de proximidade a través da escoita activa e participativa de toda a cadea de valor, que se está a realizar coa celebración de xornadas en todas as provincias e comarcas galegas. Ademais, subliñou que nesta folla de ruta tamén será primordial o labor cara a remuda xeracional, a formación e a transformación das tradicionais prazas de abastos en mercados excelentes, ámbito no que o Goberno galego impulsará o Selo de Mercado Excelente. Outro dos fins desta estratexia, que destacou Gabriel Alén, é garantir a competitividade do sector e que sexa un apoio para afrontar grandes retos como a modernización do comercio, o impulso da formación ou a mellora da dixitalización.Esta é unha mostra, subliñou o director xeral, do compromiso do Executivo galego por un sector estratéxico que repercute de xeito directo na economía e no emprego locais, así como na dinamización dos barrios e vilas.Ademais, o director xeral e a delegada territorial da Xunta en Ferrol reuníronse con representantes da Asociación de Comerciantes de Ferrol Centro cos que intercambiaron impresións sobre a actividade e proxectos desta entidade. Alí tamén puxeron de relevo o labor dos centros comerciais abertos na revitalización do comercio local e lembrou que este ano o Goberno autonómico destinou 2,25 millóns de euros á convocatoria de axudas para a innovación e dinamización destes centros. Con estas achegas, a Xunta busca promover a revitalización do comercio local como elemento esencial do desenvolvemento económico e social das vilas e cidades galegas.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

Último boletín

18:00H | 13 NOV 2024 | BOLETÍN