Xunta de Galicia

A Xunta avanza nos traballos para constituír o comité de expertos que estudará a situación dunha alga asiática invasora nas costas galegas

A Xunta avanza nos traballos para constituír o comité de expertos que estudará a situación dunha alga asiática invasora nas costas galegas

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

As Consellerías de Medio Ambiente e Cambio Climático e do Mar están a deseñar a composición dese grupo e as liñas de actuación para estudar a Rugulopteryx okamurae, unha especie que xa está presente nalgunhas zonas das rías da Coruña e Vigo

A Xunta avanza nos traballos para constituír un comité de expertos para o estudo da presenza nas costas galegas da alga asiática invasora Rugulopteryx okamurae, unha especie que comezou a aparecer hai anos noutras comunidades como Andalucía e que foi incluída a finais de 2020 no Catálogo español de especies exóticas invasoras. As Consellerías de Medio Ambiente e Cambio Climático e do Mar están a avaliar a composición dese grupo e as liñas de traballo a desenvolver co obxectivo de estudar a especie e atallar a súa proliferación pois xa se atopa nalgúns puntos das rías da Coruña e de Vigo e pode ter impacto nos seus ecosistemas. A constitución deste comité xa foi comunicada o pasado mércores pola conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, ao Goberno central durante a celebración da Comisión Sectorial de Medio Ambiente, na que trasladou a vontade da Xunta de que ese grupo comece a traballar de xeito inmediato e que conte entre os seus membros con algún representante do Executivo central, ao que cursará de xeito formal unha invitación nos vindeiros días. Neste sentido, xa existe unha estratexia nacional de control desta especie –aprobada en 2022– pero o Goberno central non avanzou no seu desenvolvemento e aplicación. De feito, os movementos a nivel nacional neste eido limitáronse a elaborar ese plan sen que ata o momento se realizase ningunha actuación concreta no medio.Nese comité de expertos participarán distintos departamentos da Administración galega, entidades investigadoras, a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e representantes do sector pesqueiro así como do Goberno central en caso de que acepte a proposta galega de incorporarse ao grupo de traballo. O obxectivo desta comisión será elaborar un plan de xestión da biomasa derivada desta especie e analizar os posibles impactos da súa expansión tanto económicos no sector pesqueiro como ecolóxicos para o medio ambiente, ao tratarse dunha posible ameaza para a biodiversidade do medio mariño.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

Último boletín

01:00H | 8 sep 2024 | BOLETÍN