Xunta de Galicia
A Xunta avanza na prolongación da autovía AG-59 desde A Ramallosa a Pontevea coas voaduras no concello de Teo
Publicado el - Actualizado
4 min lectura
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude asistiron hoxe a escavación do Desmonte 6 á altura de Olveira, en Teo
A Xunta segue avanzando no novo treito A Ramallosa–Pontevea, a cuxas obras destina un investimento de máis de 33 M? para habilitar 3,5 quilómetros da AG–59 Santiago–A Estrada
Unha vez rematada toda a actuación da prolongación da AG–59, a cal conta cun investimento de máis de 67 M?, a viaxe entre Santiago de Compostela e A Estrada se reducirá a 10 minutos
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, xunto co conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, acudiron hoxe á voadura no Desmonte 6. Esta intervención forma parte dos traballos da prolongación da autovía autonómica AG–59 desde Ramallosa a Pontevea, no concello de Teo.Os traballos contan, ata a data de hoxe, cun grado de execución dun 12,3 %, e a previsión do seu remate sitúase a finais do ano 2025.Dentro das escavacións precisadas para a execución deste novo tramo da autovía Santiago ? A Estrada, necesítase levar a cabo a escavación do Desmonte 6, situado en torno ao PK 102+750 da obra da AG–59, preto de Olveira, en Teo. Nesta zona os materiais para escavar son de tipo rochoso, cuxa dureza impide que se poida levar a cabo a escavación por medios mecánicos convencionais e débanse executar voaduras mediante explosivos para o seu arranque.A actuación abarcaba un volume de material a voar de 4.500 m3, polo que empregáronse aproximadamente 1.000 Kg de explosivos nun único disparo. Para levar a cabo esta intervención, cun Presuposto de Execución Material de 39.015 ?, efectuáronse 100 barrenos dunha media de 5 metros de longo, formando unha malla de 33 metros.Esta voadura, xunto coas que se prevén nos próximos meses, son a parte máis importante do movemento de terras e, ademais, aprovéitase o material extraído para reencher onde sexa necesario na construción da explanada da autovía. Nesta obra están a levarse a cabo unha media de 4 voaduras mensuais e tense feito, ata agora, no Desmonte 6 e no Desmonte 4 da obra.A Xunta cumpriu estritamente o protocolo de voaduras particular para a zona. O trazo da futura vía afecta a pistas e camiños públicos, polo que o Director Facultativo asegurouse de que todos os accesos no perímetro de seguridade estiveran cortados ou baixo vixilancia e cunha correcta sinalización antes de executar os disparos. Ademais, o Director Facultativo e o artilleiro realizaron un exame do fronte para asegurarse de que a voadura realizouse correctamente e que non quedaron barrenos fallidos.A maiores, o protocolo incluía o emprego de proteccións adicionais sobre a propia voadura e os bens a protexer, ademais da restitución da circulación unicamente cando xa non se prevía risco algún para o tráfico rodado.Con estes traballos, a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas continúa avanzando na execución das obras do novo treito da autovía libre de peaxe entre Santiago e A Estrada, que comezaron a finais de outubro do 2023. As obras suporán un investimento de máis de 33M? e permitirán habilitar 3,5 quilómetros da AG–59.O novo treito disporá de dous enlaces que permitirán os catro movementos, tanto cara o Norte (Santiago de Compostela), como cara o Sur (A Estrada). Un deles, resultado da reforma do existente na Ramallosa, e o outro, de nova execución sobre a AC–241, en Pontevea.A Xunta segue avanzando de xeito paralelo no proxecto de construción da 2ª fase da autovía, un treito de 4 km entre Pontevea e O Rollo, xa no municipio da Estrada. Este proxecto suporá un investimento base de 30,6 M? e está a adaptarse á nova normativa de cálculo de estruturas para ser aprobado.Unha vez rematada toda a actuación da prolongación da AG–59, os tempos da viaxe entre Santiago de Compostela e A Estrada se reducirán a 10 minutos, ademais de mellorar a seguridade viaria, tras un investimento global de máis de 67 millóns de euros.
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando