Xunta de Galicia

A Xunta colabora coa 38ª Feira do bonito de Burela, que se celebra a fin de semana do 3 e 4 de agosto

A Xunta colabora coa 38ª Feira do bonito de Burela, que se celebra a fin de semana do 3 e 4 de agosto

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, e o director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta, participaron na presentación da programación deste ano

A Xunta de Galicia apoia un ano máis a Feira do Bonito de Burela, que alcanza a súa 38ª edición a fin de semana do 3 e 4 de agosto. Dende o ano 2019 conta co recoñecemento de Festa de Interese Turístico Nacional.O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, e o director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta, participaron hoxe na presentación do programa xunto cos organizadores e representantes das demais entidades colaboradoras. Os responsables autonómicos puxeron en valor a longa traxectoria desta cita gastronómica, unha das máis emblemáticas da Mariña. Destacaron a súa importancia “para promocionar un produto que proporciona a Burela unha proxección nacional moi relevante e repercute en todos os sectores de actividade da vila, incluído o turístico”. A feira conta co apoio do Goberno galego para asumir os custes de organización e a difusión das actividades.Subliñaron o compromiso da Consellería do Mar co sector pesqueiro de Burela a través de campañas promocionais para fomentar o consumo dos produtos do mar e tamén coa mellora das infraestruturas portuarias.Entre as máis recentes impulsadas este ano no porto burelés destacaron a renovación de 56 novas defensas e cinco morróns de grandes dimensións para reforzar a seguridade da frota e mellorar as condicións de amarre; a renovación das portas dos departamentos do punto limpo; o acondicionamento do firme na zona de manobras de carga e descarga de mercadorías do peirao comercial ou o proxecto para reforzar o dique de abrigo.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

04:00H | 27 NOV 2024 | BOLETÍN