Xunta de Galicia

A Xunta colabora na mellora do Museo Fernando Blanco de Lema en Cee

A Xunta colabora na mellora do Museo Fernando Blanco de Lema en Cee

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

A actuación enmárcase nos obxectivos do plan para modernizar as infraestruturas culturais no que traballa o Goberno galego

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, visita o resultado das actuacións de mantemento e conservación

Os traballos inclúen a limpeza das cubertas, canalóns e exterior e a renovación dos paramentos interiores e pintura dos dous andares e a fachada

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, visitou hoxe en Cee o Museo Fernando Blanco de Lema para ver o resultado das actuacións de mantemento e conservación que se levaron a cabo cunha achega de 37.000? e que se enmarcan nos obxectivos do plan para modernizar infraestruturas culturais no que traballa o Goberno galego.Na visita, o representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude destacou “a importancia de garantir espazos nos que desenvolver actividades culturais en todo o territorio, tal e como tamén se promove na Lei de Cultura inclusiva e accesible de Galicia que agardamos ter en vigor este mesmo ano”. Neste senso, resaltou o traballo da Fundación Fernando Blanco de Lema “por ter como fin a promoción educativa e cultural da vila de Cee e da súa bisbarra”.En canto ás actuacións levadas a cabo nas instalacións inclúense a limpeza de cuberta, a substitución de pezas rotas e selado do patio de luces, a impermeabilización interior, a limpeza de canalóns, o vernizado exterior, a renovación do acabado dos paramentos interiores e pintura dos dous andares do edificio e da fachada.Os espazos renovados do museo, que percorreu o director xeral, albergan unha colección de instrumental científico e material didáctico das cátedras, laboratorio e gabinetes do antigo Instituto–Escola de Cee, de finais do século XIX. Contan con medidores de diversas magnitudes, aparellos de mecánica, acústica e óptica, ademais das coleccións de animais, minerais e fósiles. Xunto a este material destacan as obras pictóricas de Federico Madrazo, os gravados da Calcografía Nacional e unha colección de ourivería relixiosa.Este investimento enmárcanse no compromiso do Goberno galego por mellorar e modernizar as infraestruturas culturais públicas de Galicia e garantir o acceso á cultura, a folla de ruta na que traballa a Xunta de Galicia. Neste marco, o Goberno galego vén de resolver as axudas para mellora de equipamentos culturais que contan cun orzamento de 500.000? para a renovación de bibliotecas, auditorios e centros culturais de 46 concellos. As axudas incrementarán a calidade da oferta cultural en 19 bibliotecas e axencias de lectura, 15 centros culturais, seis auditorios, dous centros de interpretación patrimonial, dous escolas de música e un arquivo.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

17:00H | 12 NOV 2024 | BOLETÍN