Xunta de Galicia

A Xunta concedeu máis dun cento de axudas por importe de 1 millón de euros para que o sector agrícola primario optimice o seu consumo enerxético e aposte polas renovables

A Xunta concedeu máis dun cento de axudas por importe de 1 millón de euros para que o sector agrícola primario optimice o seu consumo enerxético e aposte polas renovables

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

Apóiase a promoción de enerxía renovable eléctrica mediante instalacións fotovoltaicas ou minieólica e actuacións de mellora da eficiencia enerxética

A Xunta concedeu máis dun cento de axudas por importe de 1,13M? para que o sector agrícola primario optimice o seu consumo enerxético e aposte polas enerxías renovables. En concreto, apóiase a promoción de enerxía renovable eléctrica mediante instalacións fotovoltaicas ou minieólica, e actuacións de mellora da eficiencia enerxética.A Consellería de Economía e Industria, a través do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), puxo en marcha no mes de abril unha nova convocatoria de axudas co obxectivo de que empresas e autónomos do ámbito agrícola primario puidesen desenvolver proxectos de enerxías renovables eléctricas e proxectos de aforro e eficiencia enerxética.Estes apoios favorecerán a mobilización de 4,3 millóns de euros e un aforro de enerxía anual equivalente a 264.000 litros de gasóleo. Neste sentido, os beneficiarios aforrarán uns 400.000 euros ao ano no abastecemento enerxético, mentres que o impacto na redución de CO2 é o equivalente a plantar 36.000 árbores.Tal e como establecía a propia convocatoria, subvenciónanse actuacións que se executen en zonas rurais e teñan un investimento mínimo de 5.000 euros por solicitude (IVE non incluído). A contía da axuda é do 30% do custo elixible no caso de grandes empresas, do 40% para medianas e do 50% para pequenas empresas, cun máximo de 100.000 euros por proxecto e de 300.000 euros por empresa, salvo no suposto de instalacións de autoconsumo colectivo no que se establece unha axuda máxima de 500.000 euros por proxecto e por empresa.Estas axudas, están cofinanciadas pola Unión Europea, a través do Fondo Europeo Agrícola Desenvolvemento Rural (FEADER), e buscan reducir os custos enerxéticos e a factura de enerxía das empresas e autónomos do sector agrícola primario galego para mellorar a súa competitividade; diminuír o consumo de enerxías convencionais para reducir a dependencia enerxética dos derivados de petróleo; aumentar a eficiencia enerxética; e propiciar unha mellora socioeconómica das áreas rurais e a súa protección ambiental.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

Último boletín

02:00H | 13 SEP 2024 | BOLETÍN