Xunta de Galicia

A Xunta convoca axudas por 34,1 M? para mellorar a eficiencia enerxética de vivendas e edificios

A Xunta convoca axudas por 34,1 M€ para mellorar a eficiencia enerxética de vivendas e edificios

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

5 min lectura

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as resolucións coas convocatorias plurianuais de tres programas de subvencións en materia de rehabilitación residencial

Os interesados poden presentar as súas solicitudes desde mañá e ata o 13 de setembro, agás no caso das axudas para a rehabilitación a nivel de edificio, que conta co prazo de 1 mes

Este é o terceiro ano consecutivo que o Instituto Galego da Vivenda e Solo xestiona este tipo de incentivos económicos, financiados con cargo a fondos europeos

Entre 2021 e 2023 concedéronse axudas para a mellora da eficiencia enerxética de 22.000 vivendas por importe de 118 millóns de euros

A Xunta convocou hoxe tres liñas de axudas para a mellora da eficiencia enerxética en vivendas, en edificios de vivendas e para a elaboración do libro do edificio e a redacción de proxectos de rehabilitación por un orzamento global de 34.140.439 euros.A partir de mañá e ata o vindeiro 13 de setembro, salvo esgotamento do crédito dispoñible, os interesados poderán presentar as súas solicitudes para optar a estas subvencións, que se financian con fondos europeos do programa Next Generation UE e foron convocadas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo por primeira vez no 2022.Concretamente e segundo se recolle hoxe nas resolucións publicadas no

(DOG), as axudas destinadas a mellorar a eficiencia enerxética de edificios de vivendas de tipoloxía colectiva contará cun orzamento de 28.568.052 euros.Polo que respecta á liña dirixida á rehabilitación de vivendas individuais en edificios residenciais colectivos, o orzamento será de 3.500.617 euros. Finalmente, o programa de axudas para a elaboración do libro do edificio contará cunha dotación de 2.071.770 euros para esta convocatoria de 2024.Os interesados nestas convocatorias poden presentar as súas solicitudes desde mañá e ata o 13 de setembro, agás no caso das axudas para a rehabilitación a nivel de edificio, que contan co prazo dun mes.

. Cómpre sinalar que entre 2021 e 2023 desde a Xunta concedéronse axudas para a mellora da eficiencia enerxética de 22.000 vivendas por importe de 118 millóns de euros.As axudas para a mellora enerxética de edificios están destinadas a inmobles de tipoloxía residencial colectiva e a vivendas unifamiliares nos que, grazas ás obras para as que se solicita subvención, debe conseguirse unha redución de, polo menos, un 30% no indicador de consumo de enerxía primaria non renovable e, ademais, unha diminución da demanda enerxética anual global de calefacción e refrixeración de entre o 25 % e o 35 %, segundo a zona onde estea emprazado o inmoble en cuestión.A estas axudas poden optar tanto individualmente as persoas propietarias das vivendas, como as cooperativas, comunidades de veciños e empresas arrendatarias ou concesionarias dos inmobles.En función do aforro enerxético acadado, a porcentaxe da axuda oscila entre o 40% e o 80% do custo da actuación, cun límite de entre 6.300 e 18.800 euros por vivenda. Os locais comerciais ou de outros usos existentes no inmoble poden recibir entre 56 e 168 euros por metro cadrado.En canto ás axudas do programa de actuacións a nivel de vivenda, están destinadas á mellora enerxética de vivendas de forma individual, tanto se son unifamiliares como se forman parte de inmobles residenciais colectivos. Os obxectivos de eficiencia que se deben acadar con estas axudas son menores que os esixidos no caso da liña de edificios, polo que se trata de axudas máis apropiadas para a realización de obras de menor entidade, como o cambio da carpintería exterior e ventás. Así, establécese como requisito que se debe obter unha redución da demanda enerxética de polo menos un 7%.Estas subvencións van dirixidas a persoas físicas propietarias, arrendatarias ou usufrutuarias das vivendas e o importe a percibir será do 40% do custo da actuación ?a partir dun investimento de 1.000 euros?, cun límite máximo de 3.000 euros por axuda.Por último, convócanse tamén as axudas para a elaboración do libro do edificio existente e para a redacción de proxectos de rehabilitación integral de edificios, destinadas a propietarios ou usufrutuarios dos inmobles, comunidades veciñais e cooperativas.Para beneficiarse deste programa, os inmobles obxecto de rehabilitación teñen que estar rematados antes do ano 2000 e polo menos o 50% da superficie construída sobre rasante debe ter uso residencial. Quedan excluídas do cómputo a planta baixa ou plantas inferiores se teñen outros usos compatibles.A axuda para o libro do edificio é de 60 euros por vivenda e unha contía fixa de 700 euros ?en caso de que se trate de vivendas unifamiliares e inmobles colectivos de ata 20 vivendas? ou de 40 euros por vivenda, máis un fixo de 1.100 euros ?para edificios plurifamiliares de máis de 20 vivendas?. O límite máximo da axuda é de 3.500 euros.Polo que respecta á elaboración de proxectos de rehabilitación, a contía da subvención tamén variará en función do tamaño do inmoble: 700 euros máis un fixo de 4.000 euros no caso de vivendas unifamiliares e inmobles colectivos de ata 20 vivendas; ou ben 300 euros por vivenda e 12.000 euros, cando se solicite para inmobles de máis de 20 vivendas. Neste caso, o límite a percibir sitúase en 30.000 euros.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

Último boletín

05:00h | 28 nov 2024 | boletín