Xunta de Galicia
A Xunta coproducirá tres novos espectáculos de danza a través do Centro Coreográfico Galego
Publicado el - Actualizado
5 min lectura
Son dúas pezas de compañías consolidadas: ‘Mover cenizas’, de Sólodos, e ‘Cicatriz’, de Kirenia Martínez; e outra proposta na modalidade de profesionais emerxentes: ‘Transeúnte’, de Daniel Rodríguez
Adxudícanse 54.447 euros a estes contratos no marco do programa anual de coproducións da unidade de danza da Xunta
As tres novas creacións súmanse a ‘Dique’, o espectáculo de gran formato que xa foi estreado o pasado 21 de xuño a cargo de Nova Galega de Danza
A Xunta de Galicia impulsará os novos espectáculos de danza de Sólodos (Maruxa Salas e Erick Jiménez), Kirenia Martínez e Daniel Rodríguez a través de tres contratos en réxime de coprodución co Centro Coreográfico Galego. A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude publicou a
desta convocatoria pola que se distribúen 54.447 euros entre as tres adxudicatarias para o desenvolvemento de cadansúa proposta escénica.Na modalidade de compañías consolidadas, cunha antigüidade de cinco anos, as pezas
, de Sólodos, e
(título provisional), de Kirenia Martínez, presentada por Artestudio Xestión Cultural, reciben 29.970 euros e 19.855 euros respectivamente. Na categoría de profesionais emerxentes, con menos dun lustro de traxectoria, a proposta seleccionada foi
, de Daniel Rodríguez, con 26.646 euros para a súa posta en escena.Na convocatoria deste ano introducíronse como criterios de avaliación as medidas que conectan cos obxectivos do Plan Integral para a Danza de Galicia e a futura Lei de cultura inclusiva e accesible de Galicia, como son a adaptación a espazos non convencionais, a profesionalización da danza tradicional, a participación de persoas con discapacidade, a visibilidade da danza nos medios de comunicación ou o fomento da asistencia de público familiar e xuvenil.O obxectivo deste programa de coproducións, promovido por oitavo ano consecutivo, é favorecer a produción de danza en todas as súas modalidades, impulsar a creación de espectadores para esta disciplina escénica e consolidar produtos culturais competitivos que xeren retorno. Entronca, neste sentido, cos obxectivos recollidos no Plan Integral para a Danza de Galicia, elaborado pola Xunta a partir dun proceso participativo co sector.Despois dunha longa temporada sen novas creacións, Sólodos, a compañía de Maruxa Salas e Erick Jiménez, presenta
, unha peza de rúa cunha duración de 20 minutos inspirada nos incendios que asolaron Ourense en 2006 e que deixaron unha profunda pegada na coreógrafa. A compañía retoma un tema xa tratado en
, primeira produción propia do Centro Coregráfico Galego estreada en xaneiro do 2007. Para este novo espectáculo, cóntase coa asistencia do coreógrafo catalán Arnau Pérez de la Fuente e a composición musical do ourensán John Axiom.Presentada por Artestudio Xestión Cultural,
é unha peza para sala e espazos non convencionais. O proxecto xorde da experiencia da coreógrafa Kirenia Martínez en
, coproducida polo Centro Coreográfico Galego na convocatoria de 2022, onde explorou a intersección entre a danza e a poesía a través dos poemas de Antón Reixa. Esta nova peza, que será interpretada xunto co propio Reixa, destaca pola súa integración de técnicas de danza, teatro, performance, poesía, instalación e música, situando a danza e a poesía como piares fundamentais. A idea é potenciar a presenza e participación de persoas con discapacidade no equipo e promover actividades inclusivas no eido da danza. Ademais, desta peza resultará un proxecto audiovisual paralelo, que non só documentará o proceso creativo senón que afondará nas historias persoais e nos conflitos emocionais dos seus protagonistas.Finalmente,
leva a firma de Daniel Rodríguez, unha das promesas da danza de Galicia, con varios premios pola súa primeira peza
. Bailarín e coreógrafo, participa habitualmente nas compañías de Daniel Abreu e de Fran Sieira. En
o creador busca un diálogo interxeracional, mesturando tradición e actualidade a través do canto, a música e o baile tradicional. Para o desenvolvemento deste proxecto, que presentou en formato
en Galicia Escena PRO 2024, conta coa participación na música de Aida Tarrío, das Tanxugueiras, e do percusionista Artur Puga, que colabora con Mondra, e de Sheila Pérez no deseño de vestiario.Ademais de poñer en marcha estas tres pezas, que se estrearán antes do 31 de marzo de 2025, o Centro Coreográfico coproduce este ano
, de Nova Galega de Danza, que resultou adxudicataria na convocatoria para espectáculos de gran formato lanzada en 2023. Estreada o pasado 21 de xuño no Salón Teatro,
pon en diálogo a danza contemporánea e a danza tradicional galega nunha conversa que reflicte a conexión entre o pasado e o presente. Con dirección escénica de Marta Pazos, oito bailarinas en escena e un equipo artístico integramente feminino, a peza recupera a historia esquecida das máis de 200 mulleres que participaron na construción do Dique da Campá de Ferrol. A vindeira función da compañía será o vindeiro 19 de xullo como espectáculo inaugural da 40ª Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia.
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando