Xunta de Galicia

A Xunta e a Deputación de Pontevedra recollerán propostas para o plan de usos do Teatro Fraga de Vigo a través dunha caixa de correo virtual

A Xunta e a Deputación de Pontevedra recollerán propostas para o plan de usos do Teatro Fraga de Vigo a través dunha caixa de correo virtual

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

4 min lectura

As entidades e persoas interesadas poderán enviar as súas ideas e suxestións ata finais de setembro a través do enderezo propostas@teatrofraga.gal

O responsable da Administración provincial salientou a importancia da colaboración institucional para rescatar un inmoble que sumaba dúas décadas pechado para convertelo no centro de referencia da Cultura no noroeste peninsular

Pola súa banda, o representante do Goberno galego destacou que o obxectivo desta medida é incorporar as demandas da cidadanía e do sector cultural para construír con eles “o mellor proxecto para a cidade de Vigo”

Ambas administracións inician así un proceso de diálogo que incluirá tamén a celebración de varias xuntanzas con diferentes colectivos e representantes do sector

A Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra porán en marcha a partir de hoxe unha caixa de correo virtual na que se recollerán propostas, ideas e suxestións que permitan enriquecer o plan de usos do Teatro Fraga de Vigo. Así o anunciaron hoxe o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José Lopez Campos, e o presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, na presentación da campaña

.Tal e como explicou o responsable autonómico de Cultura, as entidades e persoas interesadas poderán enviar as súas achegas ata finais de setembro a través do enderezo

. Trátase dunha medida que, como afirmou, ten por obxectivo “incorporar as demandas da cidadanía e do amplo tecido cultural para construír con eles o mellor proxecto para a cidade de Vigo”.“Hai pouco máis dun mes demos o primeiro paso para recuperar este espazo e agora iniciamos o camiño para establecer en Vigo unha sede permanente de primeiro nivel onde desenvolver actividades de creación e consumo cultural”, destacou López Campos. Nesta liña, engadiu que será un centro de referencia en Galicia e no norte de España “á altura do pulso cultural dunha cidade como Vigo e que dará servizo a un sector que vive un dos seus mellores momentos”.O conselleiro puxo o Teatro Fraga como un exemplo máis do compromiso do Goberno galego coa recuperación do patrimonio para novos usos como xa se fixo coa reforma do Hospital Xeral de Vigo para acoller a Cidade da Xustiza ou como se está facendo na antiga Audiencia Provincial coas obras do Centro Integral de Saúde Olimpia Valencia.Pola súa banda, o presidente da Deputación, Luis López, destacou a alianza entre os organismos autonómico e provincial para rescatar un inmoble que sumaba máis vinte anos pechado. “Acabouse falar do Fraga como un recordo, toca falar del en clave de futuro. En dúas décadas ninguén foi quen de artellar ese proxecto mentres esmorecían as esperanzas dos vigueses de ver reaberto este cine. Ninguén, pero nós asumimos o reto e puxémonos mans á obra. Primeiro cun acordo de compra asinado con Abanca e, desde logo, coa Xunta de Galicia. Agora toca dar o seguinte paso que, como os anteriores, supón outro exemplo de escoita e seriedade. Acordamos abrir un proceso participativo para que a cultura de Vigo sexa a protagonista”, sinalou o presidente provincial, quen repasou tamén os investimentos comprometidos pola Deputación en Vigo, que superan os 26 millóns de euros no último ano, entre os que sobresae o proxecto de construción da Grada de Gol de Balaídos.Para acadar este obxectivo, segundo precisaron, ambas administracións porán en marcha a campaña

, unha iniciativa coa que se abre un proceso de diálogo coa cidadanía e que incluirá, ademais da creación da caixa de correo, a celebración de diversas xuntanzas presenciais con colectivos e representantes do sector cultural e a veciñanza nas que recoller as súas demandas e debater as propostas achegadas a través do enderezo electrónico. “Queremos escoitar a todos os vigueses e viguesas para levar a cabo unha reflexión colectiva sobre o futuro e as oportunidades que se abren coa reapertura deste recurso cultural de gran potencial como son o fortalecemento da industria, o impulso á creación ou o empuxe á oferta cultural”, coincidiron.O antigo Teatro Cine Fraga foi ideado hai máis de 80 anos por encargo de Isaac Fraga Penedo, un dos exhibidores cinematográficos máis importantes de Galicia naquela época. O proxecto conta con máis de 7.000 metros cadrados, nos que se prevé aproveitar ao máximo as instalacións xa levantadas para levar a cabo unha variada programación que incluirá eventos e espectáculos que esixen unhas dimensións como as que ofrece o inmoble, proxectos baseados na exhibición, a creación e a participación ou a instalación de propostas culturais e creativas de relevancia.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

LO MÁS ESCUCHADO

Último boletín

18:00H | 12 SEP 2024 | BOLETÍN