Xunta de Galicia

A Xunta destaca o investimento de máis de 700.000? entre 2024 e 2025 na comarca de Sarria para a mellora de camiños rurais e de vías en zonas de parcelarias

A Xunta destaca o investimento de máis de 700.000€ entre 2024 e 2025 na comarca de Sarria para a mellora de camiños rurais e de vías en zonas de parcelarias

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, fixo balance das actuacións no municipio de Sarria, que conta con axudas superiores a 225.000? para ambos plans

A titular de Medio Rural destacou a importancia do Plan de mellora de camiños rurais para impulsar a fixación da poboación e a dinamización do tecido produtivo

Este ano, por primeira vez, esta iniciativa compleméntase co Plan de rehabilitación de camiños de zonas de concentración ou reestruturación parcelaria finalizadas, dotado con 6 millóns de euros para toda Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, visitou hoxe a localidade lucense de Sarria e salientou alí as actuacións contempladas ao abeiro do Plan de mellora de camiños rurais, coñecido como Plan Marco, na convocatoria actual 2024–2025. Neste contexto, cómpre destacar que a comarca de Sarria recibe en total máis de 700.000? neste período para facilitar o acceso ás pistas, tanto baixo esta iniciativa ?preto de 500.000?– coma no marco do Plan de rehabilitación de camiños de zonas de concentración ou reestruturación parcelaria finalizadas ?máis de 200.000?–.Concretamente, o municipio de Sarria dispón dunha axuda de máis de 95.000? para executar labores ligados ao Plan Marco, un plan que, para toda Galicia, conta cun orzamento de 19,5 millóns de euros, a cantidade máis alta dende 2017. Beneficiaranse así 583 camiños e máis de 460 quilómetros en diferentes concellos galegos.A maiores, por primeira vez compleméntase co Plan de rehabilitación de camiños de zonas de concentración ou reestruturación parcelaria finalizadas, dotado con 6 millóns de euros para toda a Comunidade. De feito, nesta liña de axudas o concello de Sarria recibiu máis de 130.000? para mellorar os accesos a Maside e a Santiago da Veiga.A conselleira salientou a utilidade do Plan Marco para “dignificar, aínda máis se cabe, a calidade de vida no rural e as condicións de vida dos veciños”, xa que contempla como subvencionables camiños de acceso a núcleos rurais de poboación e cualificouno “de vital importancia” para os municipios, especialmente para aqueles con maior carga gandeira.O obxectivo do Plan de mellora de camiños rurais, vixente desde 2013 e cuxo financiamento actual provén dos fondos Feader con cargo ao Plan Estratéxico da PAC 2023–2027, é apostar polo benestar da poboación do rural a través do fortalecemento das infraestruturas, que facilita a accesibilidade e vertebración do territorio, reforza o tecido social, contribúe a mellorar a capacidade organizativa das áreas rurais, dinamiza o tecido produtivo e fixa a poboación.Nesta liña, estas axudas promoven a implantación e reforzo dos servizos neste ámbito e fomentan o bo tránsito de vehículos e maquinaria, que redunda nunha maior axilidade dos traballos agrarios e no mantemento, tamén, da propia maquinaria.Durante o período 2016–2024, o Plan Marco contou cunha dotación orzamentaria de máis de 130 millóns de euros, permitindo a mellora de máis de 5.450 camiños e máis de 4.280 quilómetros de vías rurais.María José Gómez destacou que dende a Consellería seguen a reforzar esta iniciativa pola súa utilidade e defendeu a medida que “mellora as dotacións existentes de infraestruturas básicas e enmárcase no compromiso de promoción e coordinación do desenvolvemento do territorio rural galego”.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

17:00H | 6 NOV 2024 | BOLETÍN