Xunta de Galicia

A Xunta destaca o papel da transformación dixital e a intelixencia artificial para o impulso dun mercado laboral galego máis dinámico, aberto e inclusivo

A Xunta destaca o papel da transformación dixital e a intelixencia artificial para o impulso dun mercado laboral galego máis dinámico, aberto e inclusivo

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

5 min lectura

José González destacou a importancia de potenciar o Diálogo Social –avanzando a invitación á CIG para que participe neste espazo– e remarcou a vontade de elaborar un estudo que avalíe os impactos que tería o recorte da xornada laboral en Galicia

Puxo en valor a modernización do Servizo Público de Emprego de Galicia co apoio da intelixencia artificial para casar oferta e demanda e mellorar a empregabilidade dos galegos e galegas que busquen activamente traballo

Salientou a Rede de polos de emprendemento de Galicia, con 14 centros activos e máis de 2.100 proxectos atendidos

Destacou a Estratexia Galicia Retorna 2023–2024 para impulsar o retorno de máis de 30.000 galegos e galegas residentes no exterior e que se seguirá perfilando coa visita este mes á Arxentina e ao Uruguai

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, participou hoxe no acto de inauguración da cuarta edición do evento

, no que tamén interviron o presidente do consello rector de Cesuga, Venancio Salcines, e a responsable do servizo de estudos, políticas públicas e relacións institucionais do Banco Santander, Bárbara Navarro.

é un foro económico de referencia en Galicia que organiza Cesuga coa colaboración da Xunta de Galicia. Con máis de 70 poñentes e 400 asistentes, a Illa da Toxa convértese entre hoxe e mañá nun espazo de valor compartido, de cooperación e sinerxías entre o tecido empresarial, o mundo universitario e o sector público, co foco posto este ano nas oportunidades que ofrece a transformación dixital e a intelixencia artificial.Nesta liña, o titular de Emprego, que tamén participou nunha das mesas redondas, puxo en valor a importancia desta cita clave para as persoas emprendedoras, para que saiban como aplicar a dixitalización e como está cambiando a forma de crear novos negocios, lembrando a aposta firme do Goberno galego polo emprendemento e destacando que Galicia vén de recibir o premio Rexión Emprendedora Europea 2025, importante aval da estratexia da Xunta para crear actividade empresarial que xera riqueza, emprego e fixa poboación.Salientou na súa intervención a importancia da colaboración público–privada e a escoita activa á hora de abordar as políticas de emprego e emprendemento, remarcando a importancia de afondar no Diálogo Social, avanzando que vén de invitar de xeito formal á CIG a participar neste espazo. Neste mesmo contexto, remarcou a vontade de elaborar un estudo que avalíe os impactos que tería o recorte da xornada laboral no tecido laboral de Galicia, co obxectivo de examinar as consecuencias na produtividade e tratar de protexer a empresas e traballadores galegos.No contexto da temática do foro, o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, puxo en valor a aposta da Xunta por modernizar o Servizo Público de Emprego co apoio da intelixencia artificial a través da ferramenta EMi, dispoñible xa nas 54 oficinas de emprego de Galicia, co fin de cubrir as vacantes laborais e que permitirá realizar nun ano o perfilado competencial de 70.000 persoas que estean buscando activamente traballo para mellorar a súa empregabilidade.Tamén no eido do emprego destacou a oportunidade que ofrecen as microformacións para a actualización de capacidades e lembrou que esta semana vén de publicarse unha nova orde de axudas a entidades de formación para impartir cursos dirixidos a desempregados na convocatoria 2024–2025, cun orzamento de 76 millóns de euros, o máis alto dos últimos 15 anos, co que se aspira a cualificar unhas 18.000 persoas.No ámbito do emprendemento, destacou así mesmo o papel da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego impulsada pola Xunta, cun total de 14 centros activos na actualidade e máis de 2.100 proxectos atendidos desde a súa posta en marcha.Do mesmo xeito, mencionou outras ferramentas como o Mapa de emprendemento virtual, onde se integran os axentes, entidades, redes e recursos dispoñibles para iniciar un negocio en Galicia; iniciativas como os proxectos de

e

para fixar poboación rural, atraendo traballadores de alta cualificación que sexan nómades dixitais; ou o programa

, unha nova aceleradora de proxectos de comercio electrónico presentada onte coa colaboración do Clúster do Ecommerce galego.José González destacou as boas cifras do paro en Galicia– sitúase por debaixo das 118.000 persoas por primeira vez na serie histórica ? e a importancia de seguir creando emprego de calidade desde todas as vertentes, reforzando a competitividade e innovación do tecido empresarial galego; potenciando o comercio a través da futura Estratexia do comercio galego; e impulsando o retorno dos galegos e galegas no exterior.Neste senso, puxo o foco na Estratexia Galicia Retorna 2023–2026 e referiuse ao Programa Retorna Cualifica Emprego, que ofrece en orixe traballos de calidade cos que volver a Galicia, complementados con formación e axudas para establecerse. Nomeou ademais ferramentas como as Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME) para fomentar a volta de xente nova con alta cualificación e destacou que esta aposta se seguirá perfilando coa viaxe prevista este mes á Arxentina e ao Uruguai. O obxectivo, explicou finalmente, é potenciar un mercado laboral aberto, accesible e sen fronteiras, onde a modernización sexa sinónimo de benestar e progreso equilibrado, brindando recursos próximos e axeitados, así como formación e servizos de emprego modernos.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

11:00H | 14 NOV 2024 | BOLETÍN