Xunta de Galicia
A Xunta destaca a rehabilitación do edificio dos antigos xulgados de Vigo na rúa Lalín como exemplo do compromiso do Goberno galego coa recuperación do patrimonio para novos usos
Publicado el - Actualizado
3 min lectura
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, explicou hoxe que a iniciativa enmárcase no compromiso da Xunta pola rehabilitación do patrimonio e edificios emblemáticos para darlles un novo uso
O Consello do Goberno galego aprobou onte por case 19,4M? a licitación deste proxecto que dotará a asociacións e colectivos da cidade viguesa dun cento de espazos distribuídos en cinco das súas plantas
Puxo como exemplo de recuperación do patrimonio no concello con infraestruturas xa finalizadas como a Cidade da Xustiza e outras nas que se está a traballar como o Centro Integral de Saúde Olimpia Valenciaou as actuacións previstas tras a adquisición do Teatro Fraga
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, visitou esta mañá xunto co director xeral de Xustiza, José Tronchoni, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, o antigo edificio dos xulgados na rúa Lalín que vai ser obxecto dunha rehabilitación integral que permitirá dotar dun cento de espazos para a ocupación temporal por parte de asociacións e entidades sociais da cidade.De feito, como lembrou o conselleiro, trátase dun símbolo e un exemplo máis do compromiso do Goberno galego coa recuperación do patrimonio para novos usos como xa se fixo coa reforma do Hospital Xeral de Vigo para acoller a Cidade da Xustiza ou como se está facendo na antiga Audiencia Provincial coas obras do Centro Integral de Saúde Olimpia Valencia. Ademais, destacou a recuperación do Teatro Cine Fraga co obxectivo de destinalo a fins culturais, tras a sinatura do acordo de compravenda do inmoble o mes pasado xullo xunto coa Deputación Provincial de Pontevedra e Abanca. O Consello da Xunta aprobou onte a licitación por 19,4 millóns de euros o proxecto de rehabilitación do edificio da rúa Lalín presentado a comezos de ano polo arquitecto Alfonso Penela, gañador do concurso de ideas convocado pola Xunta a finais de 2022. Prevese que as obras comecen a finais deste ano e que se prolonguen un máximo de 16 meses. O financiamento da actuación enmárcase no Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder Galicia 2021–2027).O arquitecto, tamén presente no acto, explicou os detalles do proxecto que contempla, entre outras actuacións, melloras na envolvente térmica da fachada, no sistema de climatización, na iluminación, na cuberta ou no abastecemento. Tamén se facilitará a accesibilidade e a integración na contorna mediante a retirada do aparcamento exterior e a rebaixa do terreo para que quede en continuidade coa planta baixa.Diego Calvo incidiu en que a actuación, ademais de contribuír a recuperar o patrimonio para novos usos, supón a dinamización do asociacionismo, ao igual que a Xunta xa fixo noutras instalacións autonómicas como o edificio da rúa Benito Corbal en Pontevedra ou o Espazo Amizar na Coruña.
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando