Xunta de Galicia

A Xunta destaca as visitas a Cortegada como unha opción de turismo sostible en auxe pois a afluencia subiu un 66% desde 2021

A Xunta destaca as visitas a Cortegada como unha opción de turismo sostible en auxe pois a afluencia subiu un 66% desde 2021

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

4 min lectura

O ano pasado acudiron á illa preto de 10.000 persoas, unha cifra moi superior ás máis de 7.600 de 2022 e ás 5.700 do exercicio anterior

Ángeles Vázquez salienta que as perspectivas para a tempada estival son boas pois agárdase que Cortegada reciba unha media de 2.000 visitantes tanto en xullo como en agosto sempre que as condicións meteorolóxicas acompañen

A titular de Medio Ambiente e Cambio Climático pon en valor este destino como unha alternativa para desfrutar da natureza e como espazo no que se desenvolven distintas actividades de protección e restauración da biodiversidade autóctona así como de recollida de lixo e coidado da contorna

A Xunta de Galicia pon en valor as visitas ao Parque Nacional marítimo–terrestre das Illas Atlánticas como unha opción de turismo sostible nestas datas de verán e destaca o auxe do interese rexistrado por Cortegada –unha das illas menos coñecidas do arquipélago– onde a afluencia aumentou un 66% desde o ano 2021.A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, visitou hoxe esta illa da ría de Arousa para destacar o importante incremento no número de persoas que se achegaron a ela durante o ano pasado, con preto de 10.000, fronte ás pouco máis de 5.700 persoas que acudiron a ela dous anos antes. Ademais, supón encadear dous anos de subas pois en 2022 puideron coñecela algo máis de 7.600 visitantes.A responsable autonómica explicou que as expectativas de cara á tempada estival que acaba de comezar son boas –sempre a expensas das condicións meteorolóxicas que se dean– e que se agarda que nos meses de xullo e agosto –os máis fortes do verán– se acheguen a Cortegada unha media de 2.000 persoas cada mes.Neste sentido, Ángeles Vázquez subliñou que esta illa é unha excelente opción para desfrutar da natureza –conta co bosque de loureiros máis grande de Europa–, da historia –a vida nela remóntase ao século I–, da súa cultura e da aposta polo turismo sostible e respectuoso co medio ambiente que se promove desde Galicia.Neste sentido, lembrou que en Cortegada a Xunta impulsa accións de protección da biodiversidade e de eliminación de especies invasoras como a desenvolvida coa colaboración da asociación BATA. Nesta iniciativa participaron este ano 12 persoas con algún tipo de discapacidade que realizaron tarefas de mantemento e de eliminación de especies alóctonas, permitindo así restaurar os hábitats orixinais.De feito, este labor –no que tamén se inclúe o inventariado e seguimento das áreas afectadas por flora invasora– contribúe á expansión da vexetación autóctona e a mellorar a biodiversidade da contorna pois permite reforzar os microhábitats preexistentes que son o fogar de distintas especies como os coleópteros xilófagos, como é o caso da vacaloura.A este tipo de iniciativas engádense outras como os traballos que está a punto de culminar a Xunta de retirada de máis de 800 toneladas de eucaliptos da illa –xunto á praia Fradiño e na contorna da capela da Virxe dos Milagres– para a súa posterior restauración mediante o plantado de especies autóctonas.A maiores, a titular de Medio Ambiente e Cambio Climático lembrou accións de coidado medioambiental desenvolvidas no Parque Nacional, como as enmarcadas no Programa de Voluntariado Ambiental Interxeneracional 2024. Este proxecto, promovido en colaboración coa Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, mobilizará nas fins de semana dos meses de xullo, agosto e setembro un total de 130 persoas para a limpeza de 10 espazos naturais de Galicia.No caso de Cortegada os traballos desenvolveranse entre os días 26 e 28 de xullo centrándose na preservación e conservación dos seus espazos, na recollida de lixo das praias, ríos e montes e na sensibilización sobre o coidado dos ecosistemas mediante accións solidarias, entre outras cuestións.A maiores, Ángeles Vázquez puxo en valor os traballos que se están a desenvolver na aldea de Cortegada para preservar as súas especiais características e que as persoas que decidan visitala poidan desfrutar da súa singularidade.O arquipélago de Cortegada forma parte do Parque Nacional marítimo–terrestre das Illas Atlánticas, que xusto onte –1 de xullo– cumpriu 22 anos desde a súa declaración como parque nacional. Esta zona protexida conta cunha superficie de 191 hectáreas das que preto de 150 hectáreas son mariñas e arredor de 44 hectáreas son terrestres.Entre os seus principais atractivos están os valores naturais –con esa poboación de loureiros, a maior de Europa–, a capela da Virxe dos Milagres de Cortegada ou os restos dun antigo poboado e dun hospital que apuntan á presenza de vida nesta illa desde hai moitos séculos.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

Último boletín

18:00H | 15 NOV 2024 | BOLETÍN