Xunta de Galicia

A Xunta destina máis de dous millóns de euros á mellora da totalidade das bases e instalacións do 061

A Xunta destina máis de dous millóns de euros á mellora da totalidade das bases e instalacións do 061

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

Melloraranse as infraestruturas nas localidades da Coruña, Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo, Monforte de Lemos, Foz, Ourense, Pontevedra, Vilagarcía de Arousa, Vigo e Mos

O proxecto tamén inclúe melloras nas instalacións da central de coordinación, situada na Estrada

O Consello da Xunta deu o seu visto e prace ao acordo polo que se aproba o Plan de reforma, modernización, accesibilidade, adaptación e adecuación das bases e das infraestruturas da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia–061. O conxunto destas actuacións suporá investimento estimado de 2.025.000 euros, estando prevista a súa execución para o período 2024–2026.O Executivo galego levará a cabo melloras nas bases medicalizadas e de enfermería das que dispón o 061 en Galicia. En concreto, actuarase nas bases das localidades da Coruña (dúas bases), Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo, Monforte de Lemos, Foz, Ourense (dúas bases), Pontevedra, Vilagarcía de Arousa, Vigo e Mos. Entre estas actuacións destacan os 500.000 euros que se destinarán a ampliación da superficie, redistribución de espazos e mellora enerxética da base do 061 no Hospital de Conxo. Tamén se destinarán 250.000 euros para mellorar a cuberta e o sistema de canalización da base de Ferrol; e 225.000 euros para mellorar a accesibilidade e o aparcadoiro da base de Monforte de Lemos. Ademais, renovaranse diferentes elementos estruturais, os sistemas de fontanería e a electricidade en diferentes bases do 061.Xunto co anterior, o proxecto tamén inclúe actuacións nas instalacións da central de coordinación, situada na Estrada. Neste caso, realizarase un investimento de 425.000 euros para reorganizar o seu interior, renovar o seu sistema de climatización e reformar as súas instalacións eléctricas. Desde a creación do servizo público de urxencias extrahospitalarias, no ano 1995, produciuse un progresivo incremento de recursos, tanto humanos como asistenciais, que fan necesaria a ampliación e mellora das bases das ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado (SVA) medicalizadas e de enfermería, así como das dos helicópteros medicalizados.As melloras aprobadas hoxe polo Consello da Xunta non só beneficiarán as zonas onde se atopan os vehículos e as aeronaves, senón tamén aos espazos destinados ao traballo, á docencia e ao descanso dos profesionais sanitarios de Urxencias Sanitarias de Galicia–061. A Xunta programa estas melloras necesarias para que todas as instalacións e equipamentos se atopen debidamente actualizados e adaptados a través deste plan de infraestruturas nas diferentes bases e instalacións.A rede de transporte sanitario urxente de Galicia–061, que asiste ás urxencias e ás emerxencias sanitarias as 24 horas do día e os 365 días do ano, ampliouse das oito ambulancias asistenciais de servizo vital avanzado medicalizadas no ano 1997, ata as actuais 12 ambulancias asistenciais de servizo vital avanzado medicalizadas e as cinco ambulancias asistenciais de servizo vital avanzado de enfermería. Ademais, o 061 xestiona os dous helicópteros medicalizados cos que conta a sanidade pública galega, un con base en Santiago de Compostela e outro na cidade Ourense.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

Último boletín

18:00H | 15 NOV 2024 | BOLETÍN