Xunta de Galicia

A Xunta duplica as axudas aos profesores para gastos por formación, en cumprimento do acordo sindical

A Xunta duplica as axudas aos profesores para gastos por formación, en cumprimento do acordo sindical

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

Educación publicará esta semana a convocatoria para solicitar apoio por participar en actividades formativas tanto en Galicia como no resto de España e no estranxeiro

Os docentes disporán de prazo ata o 30 de setembro para pedir as axudas, que varían entre os 200 e os 750? en función dos ámbitos territoriais

Tamén, no marco do acordo, regúlanse as licenzas de formación non retribuídas

A Xunta de Galicia eleva ata os 200.000? a contía global das axudas ao profesorado galego por gastos de asistencia a actividades de formación docente tanto en Galicia como en España ou no estranxeiro, o que supón multiplicar por dous a contía destinada o ano pasado a este mesmo fin.A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP publicará a convocatoria esta semana, o que dá cumprimento a outro dos puntos do histórico acordo sindical de mellora estrutural do ensino galego, que recolle esta medida. O obxectivo é impulsar e primar a adquisición de competencias e a especialización para afrontar con éxito novos retos en eidos como a innovación tecnolóxica nas aulas, a convivencia ou o benestar, entre outros.Esta liña de axudas, que é complementaria á oferta autonómica que cada ano deseña a Consellería no marco do Plan de Formación Docente, está enfocada a favorecer iniciativas formativas individuais que redunden na mellora do sistema no seu conxunto.As axudas correspóndense con actividades formativas desenvolvidas entre o 1 de xaneiro e o 30 de novembro deste ano e poderán acollerse a elas o persoal docente funcionario de carreira, os docentes en prácticas, o persoal docente funcionario interino e o profesorado substituto, sempre e cando cumpran os requisitos esixidos para cada caso.As actividades de formación subvencionables teñen que estar directamente relacionadas con igualdade, convivencia e inclusión, saúde e benestar, tecnoloxías e ámbito STEM, plurilingüismo e ámbito artístico. As axudas cobren ata o 100% dos gastos de matrícula e desprazamento que varían ata un máximo de 200? para actividades realizadas en Galicia, ata 325? para actividades no resto do territorio español e 750? para o estranxeiro.Os interesados disporán de prazo ata o 30 de setembro para solicitar os reintegros por formación a través da

.Por outra parte, tamén no marco do acordo de melloras estruturais do sistema educativo, a Consellería de Educación tamén vén de dar cumprimento ao punto no que se fai referencia a regulación, a partir de 2024, das licenzas de formación tanto retribuídas como non retribuídas.No caso das licenzas retribuídas están enfocadas a proxectos de elaboración ou actualización de materiais curriculares dixitais para segundo ciclo de Educación Infantil, Educación Primaria, ESO, Bacharelato e ensinanzas de réxime especial, a través de proxectos individuais ou grupais.No caso das licenzas non retribuídas son aquelas que permiten a un docente, durante un tempo determinado, dedicarse a completar estudos de carácter académico que melloren a súa formación ou a investigación en aspectos educativos.Estas licenzas teñen carácter individual e cínguense a aspectos moi concretos como cursar estudos de grao ou equivalente, doutoramento ou máster universitario distintos aos que acredite ter o beneficiario e que, ademais, estean relacionados con áreas, ciclos ou especialidades do sistema educativo galego. Tamén abranguen a realización de proxectos ou actividades orixinais e inéditas que teñan por obxecto investigacións directamente relacionadas co traballo que realizan as persoas solicitantes e que poidan resultar de interese para o sistema educativo galego.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

12:00H | 06 NOV 2024 | BOLETÍN