A Xunta e o Arcebispado de Santiago abordan o uso do galego na Igrexa de Galicia
O conselleiro de Cultura, José Lopez Campos, mantivo un encontro co arcebispo compostelano, Francisco José Prieto
Galicia - Publicado el - Actualizado
1 min lectura
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, mantivo este xoves un encontro co arcebispo de Santiago, Francisco José Prieto, para abordar distintos asuntos que teñen que ver coas súas competencias. Entre estas cuestións, están a conservación do patrimonio e as posibles propostas para favorecer a presenza do galego na igrexa.
Segundo destaca a Xunta nun comunicado, a xuntanza marca o inicio das reunións coas institucións que o Goberno autonómico considera importante involucrar no Pacto pola Lingua e que veñen completar as conversas mantidas cos grupos parlamentarios.
Estes encontros terán continuidade nos vindeiros días. O obxectivo é valorar todas as achegas para reforzar o uso da lingua en diferentes espazos e ámbitos da sociedade, como o eclesiástico, como é neste caso.