Xunta de Galicia

A Xunta executou o 90 % do Plan anual da cooperación galega no primeiro semestre do ano

A Xunta executou o 90 % do Plan anual da cooperación galega no primeiro semestre do ano

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

Conta cunha dotación de nove millóns de euros no marco do ‘V Plan director da cooperación galega 2023–2026’

A acción humanitaria, a cooperación exterior, a formación, a sensibilización, a investigación e o apoio técnico centran as diversas liñas de actuación

A Xunta executou o 90 % do Plan anual da cooperación galega previsto para 2024 no primeiro semestre do exercicio. A través deste instrumento dotado con nove millóns de euros, o Goberno galego establece a programación operativa da cooperación galega en función das prioridades xeográficas e sectoriais e dos resultados previstos no

Entre as accións desenvolvidas figuran a publicación das convocatorias de axudas que son xa sinais de identidade da cooperación galega, principalmente destinadas a ONGD. Trátase das subvencións bianuais para proxectos de cooperación no exterior de ONGD e outros axentes de cooperación, cunha dotación para 2024 de 2,1 millóns de euros, e para proxectos de Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global, con 240.000 euros para este ano. Tamén se activaron as liñas de axudas para proxectos de acción humanitaria, cun orzamento de 550.000 euros, e para microproxectos de cooperación no exterior, con 90.000 euros.Ademais, publicouse unha nova oferta de seis bolsas de formación de persoas expertas en cooperación para o desenvolvemento, de carácter plurianual e á que se destinan 33.300 euros neste exercicio.Neste marco de acción, tamén se asinaron convenios de acción humanitaria con Farmamundi, UNRWA España e con ACNUR, así como coa Coordinadora galega de ONGD no ámbito da educación para o desenvolvemento, a sensibilización, a formación e o fortalecemento institucional. O importe destes acordos suma 250.000 euros.Por outra banda, apóiase un ano máis o fortalecemento de capacidades técnicas na xestión dos recursos hídricos en Mozambique, a través dun acordo con Augas de Galicia e a Asociación Enxeñería Sen Fronteiras Galicia, con 332.600 euros en tres exercicios.A maiores destas novas accións, estáselles a dar cobertura aos compromisos adquiridos en 2023, como os 32 proxectos no exterior dos axentes de cooperación, 16 proxectos de Educación para o desenvolvemento e a cidadanía global, sete de investigación para o desenvolvemento e seis bolsas de formación de persoas expertas en cooperación internacional.A eles engádenselles os convenios con distintas entidades para a mellora de recursos hídricos e da seguridade alimentaria en Mozambique, para a acollida temporal de mulleres defensoras de dereitos humanos, para actuacións de acción humanitaria, e para o desenvolvemento do proxecto Activistas polo mundo que queremos, enmarcado no Plan Proxecta da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.A través das medidas incluídas no

o Goberno galego avanza nos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) co fin de erradicar a pobreza, reducir as desigualdades, promover os dereitos humanos e as liberdades fundamentais ou loitar contra o cambio climático, tal e como establece

, que tamén aliña o seu marco estratéxico coa Axenda 2030 e os seus ODS.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

10:00H | 6 NOV 2024 | BOLETÍN