Xunta de Galicia

A Xunta financia obras de mellora nas escolas infantís públicas autonómicas de Vilaboa e Bueu

A Xunta financia obras de mellora nas escolas infantís públicas autonómicas de Vilaboa e Bueu

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

Cun orzamento de máis de 55.000 euros, aprovéitase o período estival para renovar as instalacións

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, acompañado dos alcaldes das localidades e doutros membros das corporacións municipais, visitou esta mañá as escolas infantís públicas autonómicas dos concellos pontevedreses de Vilaboa e Bueu. En ambos centros realízanse obras de mellora para renovar as instalacións durante o verán.Na EI de Bueu, os principais traballos desenvólvense nas áreas de xogo, coa substitución do revestimento actual por un novo de caucho que permitirá a introdución de xogos visuais, mellorará a estética do conxunto e reforzará a seguridade, eliminando os desniveis. Tamén se ampliarán as zonas verdes e se mellorarán os accesos e a circulación polo centro.Na EI de Vilaboa, as obras consisten na instalación dunha tarima de vinilo de cor clara no interior das aulas e doutras dependencias para igualala coa que xa está instalada no patio interior. Ademais, mellorarase a estética das fachadas e instalarase un dispositivo para aumentar a presión da auga corrente.A execución das obras corre a cargo dos Concellos, mentres o Consorcio asume o seu financiamento mediante a compensación do importe das liquidacións que ten que aboar a Administración local por este servizo: máis de 36.000 no caso de Bueu e por riba dos 19.000 no caso de Vilaboa.Cun investimento de 60 millóns de euros, o próximo curso será o terceiro no que a Xunta financiará integramente a etapa 0–3 anos nas escolas infantís, tanto públicas como privadas e de entidades sociais. Isto supón un aforro anual, de media, de máis de 3.000 euros ao ano que beneficia a máis de 32.000 familias.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

18:00H | 13 SEP 2024 | BOLETÍN