Xunta de Galicia

A Xunta financia a renovación das instalacións dos mariscadores de Baldaio co fin de mellorar a produtividade do sector

A Xunta financia a renovación das instalacións dos mariscadores de Baldaio co fin de mellorar a produtividade do sector

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

Alfonso Villares destaca o marisqueo como unha das actividades fundamentais para xerar emprego e riqueza en Galicia

A Consellería do Mar e a Asociación de Mariscadores Fonte de Santa Helena de Baldaio asinaron un convenio co fin de financiar as actuacións dirixidas ao acondicionamento e mellora da caseta dos mariscadores de Baldaio, consistentes na actuación do tellado e a instalación de placas fotovoltaicas e acumuladores. O documento asinado polo conselleiro do Mar, Alfonso Villares, e o representante da Asociación, Alberto Sánchez, recolle unha aportación por parte da administración autonómica de 35.500 euros para executar as accións previstas, entre as que están a ubicación de 12 novos paneis solares, a colocación dun panel sándwich no antigo tellado e a instalación de novas estruturas fotovoltaicas. Alfonso Villares incidiu en que a mellora deste espazo singular e a aposta polo marisqueo contribúen a crear emprego, xerar riqueza, dinamizar as vilas mariñeiras e fixar poboación na contorna. Nesta liña, tamén fixo un recoñecemento aos mariscadores que, co paso do tempo e con moito traballo, foron adquirindo unha importancia socioeconómica decisiva no complexo mar–industria e que seguen mantendo viva unha profesión que realiza unha inconmensurable aportación ao noso patrimonio cultural e mariñeiro. Ademais, Villares recalcou que desde o Goberno galego se seguirá apostando por este tipo de iniciativas que axudan a mellorar a produtividade e que sitúan aos produtos pesqueiros nunha posición única nos mercados internacionais.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

18:00H | 14 NOV 2024 | BOLETÍN