Xunta de Galicia

A Xunta impulsa a divulgación da Artesanía de Galicia na XIV Feira de artesanía e produtos da terra do Incio

A Xunta impulsa a divulgación da Artesanía de Galicia na XIV Feira de artesanía e produtos da terra do Incio

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

O evento celébrase o próximo xoves 22 de agosto na Praza España do Incio, en horario de 11,30 a 16,30 h., co obxectivo de potenciar a comercialización do produto artesán galego, de difundir os oficios artesanais e de consolidar a marca Artesanía de Galicia

O programa de actividades inclúe exposición de produtos de oito obradoiros da marca Artesanía de Galicia e talleres abertos e gratuítos de pintura sobre tecido e gyotaku

A Xunta colabora na XIV Feira de artesanía e produtos da terra do Incio, que se celebra o próximo xoves 22 de agosto. A través da Fundación Artesanía de Galicia, apóianse dous obradoiros gratuítos para todos os públicos e sen inscrición previa especializados en pintura sobre tecido e gyotaku e impartidos polos artesáns María José Martínez e José Carrera do obradoiro

, así como por Leonor do obradoiro

.Así mesmo, participarán postos de Artesanía de Galicia e expositores da zona que venderán produtos típicos, relacionados coa xoiería, bixutería, coiro, complementos de moda, cestería, cerería, forxa e xoguetes. En concreto, exporán as súas creacións Miudiño (Vigo), Riomao estudio (A Teixeira), Rocigarcía (Betanzos), María Jul (Cervo), Péndulo Complementos (Burela), Luciérnaga coiro (Barbadás), María Carmen Otero Folgueira (A Pastoriza) e J. Eiroa Forxa (Culleredo).Esta feira é unha iniciativa do Concello do Incio para promover o turismo e a cultura na zona, así como para dar a coñecer o traballo dos artesáns galegos. Ao longo de todo o xoves 22 haberá postos de artesanía na Praza de España e nos arredores do Concello, coa participación da Fundación Artesanía de Galicia. Xunto a estes expositores estarán os postos de empresas de alimentación da zona que venderán produtos típicos, como mel ou queixo.O programa inclúe pasarrúas e actuacións musicais e rematará con degustación de iscos e cunha foliada aberta.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados