Xunta de Galicia

A Xunta impulsa esta fin de semana en Mondariz a divulgación dos oficios artesanais

A Xunta impulsa esta fin de semana en Mondariz a divulgación dos oficios artesanais

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

A Fundación Artesanía de Galicia patrocina dous obradoiros de balde especializados en estampaxe coa técnica do Gyotaku e nas cianotipias, impartidos por Peixesapop

A programación da 35ª Feira dos Oficios Artesanais –que se celebra entre mañá e domingo na Praza de Mondariz– ábrese hoxe co pregón do artesán Álvaro M. Leiro, especializado en cestería de palla

O pregoeiro foi recoñecido no ano 2023 co Premio Nacional de Artesanía outorgado polo Ministerio de Industria e Turismo como Premio Nacional de Artesanía e co Premio Mestre Artesán ao Mellor Artesán de Vangarda do Círculo Fortuny

A Xunta continúa co seu apoio á divulgación dos nosos oficios artesanais e da marca Artesanía de Galicia a través da colaboración en eventos especializados que se celebran en diferentes localidades galegas. Durante esta fin de semana, en concreto, colabora coa 35ª Feira dos Oficios Artesanais de Mondariz, a través do patrocinio de dous obradoiros de balde e abertos a todos os públicos impartidos por María José Martínez e José Antonio Carrera, de Peixesapop.Así, mañá sábado, terá lugar o obradoiro de Gyotaku aplicado a saquetas de tea, no que os asistentes poderán coñecer unha técnica de estampaxe tradicional xaponesa que consiste na impresión natural dun elemento, en concreto de peixes. O taller celebrarase en horario de 11,00 a 14,00 horas e de 18,00 a 21,00 h.O domingo, mentres, o obradoiro estará centrado nas cianotipias, un procedemento fotográfico no que, empregando papel de acuarela e produtos químicos sensibles á luz, exponse directamente ao sol usando negativos de fotografía ou obxectos diversos, obtendo finalmente unha imaxe en azul prusian. O horario deste obradoiro é de 11,00 a 14,30 h. e de 18,00 a 21,30 horas.A 35ª Feira dos oficios artesanais de Mondariz ábrese esta noite co pregón do artesán Álvaro M. Leiro (Pazos de Borbén), que terá lugar a partir das 21,00 horas na Praza do Concello. Leiro resultou galardoado no ano 2023 con dous importantes premios: o Premio Nacional de Artesanía 2023, outorgado polo Ministerio de Industria e Turismo, e o Premio Mestre Artesán ao Mellor Artesán de Vangarda, do Círculo Fortuny.Álvaro Leiro, especializado na cestería en espiral, é un dos artesáns de referencia en Artesanía de Galicia posto que o seu traballo reflicte o respecto e a recuperación das técnicas tradicionais xunto coa incorporación da artesanía ao ámbito do deseño contemporáneo.A investigación constitúe unha parte fundamental do seu traballo e ao longo da súa traxectoria conseguiu recuperar e documentar un total de 14 modelos de corozas, unha das prendas máis antigas da vestimenta tradicional que servía para se resgardar da chuvia. Dende o ano 2016 colabora coa marca Loewe e os seus deseños forman parte do seu catálogo de bolsos e de complementos da marca.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

12:00H | 26 NOV 2024 | BOLETÍN