Xunta de Galicia
A Xunta inicia a construción de 40 vivendas de promoción pública no barrio coruñés de Xuxán, nas que investirá 7,7 M?
Publicado el - Actualizado
3 min lectura
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, destacou a aposta do Goberno galego para facilitar o acceso da cidadanía á vivenda e subliñou que en Xuxán están construídas, ou en tramitación, 144 vivendas de promoción pública en solo da Xunta
O novo edificio de cinco plantas contará con 40 vivendas, de 2 a 4 dormitorios. Habilitaranse 88 prazas de garaxe, ademais de 5 locais comerciais e rochos
Para Martínez Allegue, o deseño do inmoble resulta “exemplar, desde o punto de vista arquitectónico, da sostibilidade e da calidade”
Trátase do proxecto dun edificio que se suma ao entregado a finais do 2023 pola Xunta neste espazo, tamén con 40 vivendas
O IGVS ten en marcha, asimesmo, outro inmoble de 50 vivendas de promoción pública, en cuxa licitación se presentaron catro ofertas
A Xunta de Galicia vén de iniciar a construción dun novo edificio de 40 vivendas de promoción pública no barrio coruñés de Xuxán, en cuxas obras se investirán 7,7M?. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, visitou hoxe o espazo onde se levantará o novo inmoble xunto á delegada territorial da Xunta, Belén do Campo, e a directora territorial da Consellería, Begoña Freire, e destacou o firme compromiso do Goberno galego por facilitar á cidadanía o acceso á vivenda.O novo edificio contará con 40 vivendas distribuídas en 5 plantas, ademais de 88 prazas de garaxe, cinco locais comerciais e rochos. A titular de Vivenda e Planificación de Infraestruturas subliñou o deseño do inmoble como exemplar desde o punto de vista “arquitectónico, da sostibilidade e da calidade”.“A maioría das estancias onde se fai vida (salóns e dormitorios), salientou, terán orientación sur e o inmoble construirase baixo criterios de eficiencia enerxética”. Así mesmo, integrarase vexetación en espazos interiores.Na súa intervención, Martínez Allegue reiterou a clara aposta do Goberno galego en materia de vivenda, co compromiso de duplicar nesta lexislatura o número de vivendas públicas ata acadar as 8.000 e facilitar solo residencial para construír 20.000 vivendas en Galicia, 20.000 protexidas e 5.000 libres.Subliñou que na procura destes obxectivos é necesario “o traballo conxunto” a través da colaboración entre administracións e a cooperación público–privada con promotores e construtores para a dotación de vivenda protexida. “Traballaremos da man dos concellos neste eido”, apuntou, tras agradecer “a implicación do Concello da Coruña”. “Xuntos seguiremos a dar pasos para axilizar a construción de vivenda pública”.O Goberno galego xa entregou, a finais do pasado ano, un edificio de 40 vivendas de promoción pública e, ademais do que hoxe se inicia, está xa en proceso de adxudicación a construción doutro inmoble de 50 VPP noutra parcela, para cuxa construción se presentaron catro ofertas. Así mesmo, proximamente licitaranse as obras doutras 14 vivendas de promoción pública.Ademais das citadas 144 vivendas de promoción pública, cun investimento de ao redor de 28M?, construiranse outras 256 vivendas protexidas noutras cinco parcelas, adxudicadas, en dereito de superficie durante 50 anos, para a construción de vivendas en réxime de alugueiro.Estímase que esta área contará con preto de 1.500 vivendas protexidas, unha vez estea desenvolvida toda a planificación de vivenda. Neste sentido, a consellería presentou a documentación para a modificación no PXOM co obxectivo de cambiar o uso de parcelas que permitirá a construción de 520 vivendas protexidas.
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando