Xunta de Galicia

A Xunta inicia a mellora dos terreos escavados na Tinería eliminando o valado que linda co adarve da Muralla en Lugo

A Xunta inicia a mellora dos terreos escavados na Tinería eliminando o valado que linda co adarve da Muralla en Lugo

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

Acometerá varias actuacións para corrixir o impacto visual de elementos instalados durante a campaña arqueolóxica á espera do desenvolvemento urbanístico que permita definir o uso da zona

O Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) acometerá o acondicionamento das parcelas da súa propiedade situadas entre a rúa dos Fornos e Recanto do Miño, comezando por eliminar os elementos instalados durante a campaña de escavacións arqueolóxicas que provocan impacto visual sobre a Muralla.A Xunta recolle así a petición da asociación Lugo Monumental para abordar a mellora estética da zona, á espera de que o desenvolvemento urbanístico da Unidade de Intervención 7 permita determinar o seu uso. O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, expuxo hoxe as actuacións proxectadas nunha xuntanza co presidente da entidade, Luis Latorre; o xefe do Departamento Territorial de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, Marco Antonio Fernández, e a portavoz do grupo municipal do PP no Concello de Lugo, Elena Candia.Estanse tramitando os permisos da primeira intervención, que será inmediata e consistirá na substitución do peche de lamas de madeira situado xunto ao adarve por unha varanda metálica máis baixa, integrada e permeable. Manterá o deseño e materiais doutras xa existentes, como a das escaleiras do cubo XVIII, e permitirá a visión do entorno desde o monumento. En concreto, instalarase unha varanda de 100 centímetros de altura, a base de redondos de aceiro galvanizado separados cada 10 centímetros, con pintura efecto forxa de acabado en negro. Ao mesmo tempo, vanse desmontar dous postes metálicos situados nunha das parcelas.Nunha segunda fase, previsiblemente no outono, substituirase o valado de chapa galvanizada que delimita todo o perímetro por outro de madeira. Por último, reforzarase a protección dos restos arqueolóxicos cambiando a lona xeotéxtil que os protexe e realizarase un aporte vexetal para regularizar o terreo.Javier Arias explicou que se trata de “actuacións provisionais que perseguen un resultado estético acorde co contorno, dado que non se pode deseñar un proxecto definitivo en tanto non se produza o desenvolvemento urbanístico desta área”.Pola súa banda, Luis Latorre valorou positivamente que se actúe “nun punto icónico de Lugo, desde o que se ve a Catedral, a Tinería e a Muralla, por iso nos diriximos á Xunta para que arranxara este espazo”.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

17:00H | 26 NOV 2024 | BOLETÍN