Xunta de Galicia

A Xunta introducirá enerxías renovables en 14 centros de saúde máis para consolidar unha sanidade pública máis sustentable

A Xunta introducirá enerxías renovables en 14 centros de saúde máis para consolidar unha sanidade pública máis sustentable

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

4 min lectura

O conselleiro de Sanidade avanzou un contrato de 1,5 millóns de euros para dotar de caldeiras de biomasa a 11 centros de saúde e de sistemas de aerotermia a outros 3

Destacou un investimento de máis de 500.000 euros na provincia de Pontevedra con actuacións nos centros de saúde de Coia, Teis, Cangas e Mondariz

As actuacións parten dunha colaboración co Instituto Enerxético de Galicia e alíñanse coa Estratexia de Economía Circular

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, anunciou hoxe a licitación dun contrato por valor de 1,5 millóns de euros para introducir enerxías renovables en 14 centros de saúde de Galicia.Nunha visita ao centro de saúde de Teis, acompañado da delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz; da xerente do Instituto Enerxético de Galicia (INEGA), Vanessa Cal Ríos; e do xerente da área sanitaria, Javier Puente; o responsable da carteira sanitaria da Xunta destacou que un terzo do investimento se dedicará á provincia de Pontevedra. En concreto, máis de 160.000 euros para achegar enerxía térmica mediante biomasa ao centro de saúde de Teis; 143.000 euros para poñer en marcha un sistema de aerotermia no centro de saúde de Coia; e 135.000 e 100.000 euros para dotar de caldeiras de biomasa aos centros de saúde de Cangas e Mondariz, respectivamente.Este contrato materialízase a través dun acordo entre o Sergas e o INEGA, dependente da Consellería de Economía, Industria e Innovación, que promove a través da Axenda Enerxética Galicia 2030 a integración de enerxías renovables en edificios públicos e facilita o seu cofinanciamento polo programa operativo FEDER Galicia 2014–2020, dentro da súa actuación de fomento das actividades asociadas ao ciclo de aproveitamento da biomasa térmica e outras tecnoloxías renovables na administración xeral da comunidade autónoma e no sector publico autonómico.Pola súa banda, o Sergas aprobou en xuño a súa Estratexia de Economía Circular coa minimización do consumo de combustibles fósiles como unha das liñas do seu primeiro eixo. Deste xeito, o contrato licitado corresponde a unha aposta clara do Goberno galego polas enerxías renovables e pola economía circular, na que se implican distintos departamentos da Xunta e na que se integra tamén a sanidade pública galega.De feito, a área sanitaria de Vigo xa reduciu o consumo de combustibles fósiles coa posta en marcha no Hospital Álvaro Cunqueiro de 750 paneis fotovoltaicos e unha caldeira de biomasa; cun investimento de 7 millóns de euros nas envolventes térmicas do hospital do Meixoeiro para mellorar a súa eficiencia enerxética; e coa opción da biomasa en centros de saúde novos como Tui, Panxón, Oia ou Gondomar.Así mesmo, as áreas sanitarias de Ourense e Lugo foron premiadas o ano pasado pola organización Desafío Climático no Coidado da Saúde para recoñecer o compromiso dos proxectos de instalación de enerxías renovables en hospitais e centros destas áreas.O éxito dos proxectos puntuais das áreas ten levado a deseñar unha actuación global en materia de sostibilidade que promoveu que en 2021, o Sergas fose o primeiro servizo de saúde estatal en sumarse ao proxecto Race to Zero, que promove a ONU co obxectivo de acadar cero emisións de carbono nas instalacións sanitarias en 2040, ou o único servizo de saúde europeo admitido como socio no proxecto da Nova Bauhaus Europea destinado a crear espazos sustentables.Esta actuación global ten desembocado, sinalou Comesaña, na aprobación, de acordo coa Consellería de Medio Ambiente, dunha Estratexia de Economía Circular do Sergas que desenvolve no eido sanitario a estratexia global galega de Economía Circular e que leva á sanidade pública a política de redución de residuos, de reutilización de materiais e de reciclaxe.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

Último boletín

04:00H | 22 DIC 2024 | BOLETÍN