Xunta de Galicia

A Xunta lembra ao concello de Sada que a conexión coa Coruña conta con 92 servizos diarios a través dos corredores norte, central e sur

A Xunta lembra ao concello de Sada que a conexión coa Coruña conta con 92 servizos diarios a través dos corredores norte, central e sur

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

4 min lectura

A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, lembrou ao rexedor sadense que a reestruturación levada a cabo no corredor A Coruña–Mera–Sada para incorporar novas frecuencias e eliminar duplicidades só supuxo cambios en 11 servizos en horario de menor afluencia

Tamén explicou que a creación da lanzadeira Sada–Carnoedo–Lorbé permite á cidadanía da parroquia sadense de Carnoedo conectar coa nova oferta de servizos en Lorbé ou en Sada

A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, mantivo esta mañá unha reunión co alcalde de Sada, Benito Portela, para abordar en detalle a reestruturación levada a cabo desde o pasado 22 de xuño dos servizos de autobús do corredor A Coruña–Mera–Sada. A medida permitiu ganar novos servizos, eliminar duplicidades, reforzar determinadas franxas horarias de maior ocupación, o que supuxo, en definitiva, un transporte público máis eficiente. De feito, no caso de Sada conta con 92 servizos diarios que conectan o concello coa Coruña.Tal e como trasladou a directora xeral no encontro, o alcalde xa fora informado das modificacións previstas na conexión entre Sada e A Coruña a través do corredor A Coruña–Mera–Sada antes da súa implantación. Nesta liña, o encontro enmarcase no diálogo que a Xunta mantén cos concellos para atender as súas demandas e os axustes precisos nesta reestruturación en función das demandas da cidadanía.As modificacións corresponden precisamente a franxas de menor demanda, segundo os datos do seguimento continuo e específico que está a realizar a Xunta desde a implantación desta reestruturación coa finalidade de actuar de inmediato en frecuencias concretas e garantir que a oferta se adapte ás necesidades da mobilidade das persoas usuarias.En Sada, trátase de axustes puntuais en só 5 servizos de ida e outros 6 de volta dun total de 22 diarios e, en concreto, nos horarios nos que se producirían duplicidades para evitar os solapamentos.Un total de 11 servizos diarios realízanse a través dunha liña lanzadeira habilitada no percorrido Sada–Carnoedo–Lorbé co obxectivo de garantir á cidadanía da parroquia sadense de Carnoedo conectar coa nova oferta de servizos en Lorbé ou en Sada.Estas modificacións corresponden a franxas de menor demanda, segundo os datos do seguimento continuo e específico que está a realizar a Xunta desde a implantación desta reestruturación coa finalidade de actuar de inmediato en frecuencias concretas e garantir que a oferta se adapte ás necesidades da mobilidade das persoas usuarias.Os cambios realizados permitiron sumar frecuencias do corredor A Coruña–Oleiros–Sada nas localidades oleirenses de Dexo e Lorbé con máis de 130 servizos adicionais á semana.No caso do concello de Sada as actuacións levadas a cabo para optimizar o servizo producíronse neste corredor norte A Coruña–Mera–Sada. O resto de servizos entre Sada e A Coruña a través dos corredores central e sur con itinerario por Arillo ou Oleiros non se viron modificados e manteñen os seus 70 servizos directos.Polo tanto, como incidiu Judit Fontela no encontro co alcalde de Sada, o concello mantén a conexión coa Coruña cun total de 92 servizos: 22 no corredor norte e 70 entre o central e o sur.Por outra parte, desde o 1 de xullo incluíronse as paradas nas parroquias de Carnoedo e Veigue, en Sada, en catro servizos que conectan Sada e A Coruña. Así, os servizos das 07,30 horas e as 08,30 horas recuperaron a saída desde Sada e os que saen ás 06,30 e ás 22,00 horas de Entrexardíns prolongáronse de Lorbé a Sada. Tamén se incorporou un novo servizo ás 09,30 horas co mesmo percorrido que reforza a conexión A Coruña–Sada nesa franxa horaria.A información relativa aos servizos está dispoñible para a súa consulta na páxina web

.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

18:00H | 26 NOV 2024 | BOLETÍN